O aeroporto internacional de Jeju é o segundo aeroporto máis grande de Corea do Sur, por detrás do aeroporto de Incheon. Está situado na cidade de Jeju e foi inaugurado no ano 1968.

O aeroporto de Jeju opera principalmente voos domésticos, pero tamén algunhas rutas internacionais cara China, Hong Kong, Xapón, Taiwán, Tailandia e Malaisia. No ano 2017 un total de 29 604 363 pasaxeiros utilizaron o aeroporto.

Debido á gran cantidade de pasaxeiros que usan o aeroporto e á súa limitada capacidade anunciouse que se construiría un segundo aeroporto na illa, preto da cidade deSeogwipo, no sur da mesma. O investimento para o novo aeródromo será duns 3 800 millóns de dólares e agárdase que estea aberto ao público no ano 2025.

Aeroliñas e destinos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Jeju