STS-93 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 23 de xullo de 1999 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-93, con cinco astronautas (Eileen Collins, Jeffrey S. Ashby, Steven A. Hawley, Catherine G. Coleman e Michel Tognini) a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o telescopio espacial Chandra para observar no rango dos raios X. Ademais a tripulación fixo varios experimentos no transbordador.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 28 de xullo de 1999.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia Telescopio espacial Chandra
Categoría:Programa STS