A triptamina é un alcaloide monoamina. Contén unha estrutura de anel indólico, e é estruturalmente similar ao aminoácido triptófano, do cal deriva o seu nome. A triptamina encóntrase en cantidades traza nos cerebros dos mamíferos e hipotetízase que xoga un papel como neuromodulador ou neurotransmisor. De xeito similar a outras aminas traza, a triptamina únese ao receptor 1 asociado a aminas traza (TAAR1) humano como agonista.

A triptamina funciona como un grupo funcional común nun conxunto de compostos chamados triptaminas substituídas. Entre eles hai compostos bioloxicamente activos, como neurotransmisores e drogas psicodélicas.

A concentración de triptamina no cerebro de ratas é duns 3,5 pmol/g.

Plantas que conteñen triptamina

Moitas plantas conteñen pequenas cantidades de triptamina. Utilízase como material inicial en vías metabólicas que inflúen no crecemento da planta e no microbioma. Por exemplo, encóntrase como un posible intermediario nunha vía biosintética da hormona vexetal ácido indol-3-acético. Poden encontrarse concentracións maiores en moitas especies de Acacia.

Farmacoloxía A triptamina é un agonista do receptor hTAAR1. Actúa como agonista do receptor da serotonina non selectivo e axente liberador de serotonina-norepinefrina-dopamina (SNDRA), con preferencia por causar a liberación de serotonina e dopamina sobre a de norepinefrina.

A triptamina actúa como inhibidor non competitivo da serotonina N-acetiltransferase (SNAT) en mosquitos. A SNAT cataliza o metabolismo anabólico da serotonina, que se converte en N-acetilserotonina, outro neuromodulador (especificamente un factor neurotrófico por medio de agonismo no receptor TrkB) e o precursor inmediato da melatonina.

A triptamina matabolízase rapidamente pola acción da MAO-A e MAO-B, e por esta razón ten unha vida media moi curta in vivo.

Síntese

A síntese de triptamina de Abramovitch–Shapiro é unha reacción orgánica para a síntese desta substancia. center|350px

Notas

Véxase tamén Outros artigos Triptamina substituída Fenetilamina

Ligazóns externas Preguntas máis frecuentes sobre a triptamina Tryptamine Hallucinogens and Consciousness Tryptamind Psychoactives, sitio de referencia sobre triptaminas e outros psicoactivos. Entrada da triptamina (T) en TiHKAL • info