O aeroporto internacional de Kunming-Changshui é o principal aeroporto que serve a Kunming, a capital da provincia chinesa de Yunnan. Está situado a 24,5 quilómetros ao nordés do centro da cidade nunha área montañosa a 2 100 metros sobre o nivel do mar. Inaugurouse o día 28 de xuño de 2012, substituíndo ao vello aeroporto de Kunming-Wujiaba que será demolido. Como porta de entrada cara ao sueste e sur de Asia, o aeroporto de Changshui é un centro de conexións para China Eastern Airlines, Kunming Airlines, Lucky Air, Sichuan Airlines e Ruili Airlines. No ano 2016 foi usado por un total de 41 980 339 pasaxeiros, sendo un dos 50 aeroportos máis concorridos do mundo e o 5º da China.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Kunming