A casa Barrié é un edificio de vivendas de 1926 deseñado polos arquitectos Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés no Ensanche da Coruña.

Historia A casa Barrié localízase nun soar de 1178 m2 do Ensanche da cidade da Coruña. Era propiedade de Pedro Barrié de la Maza e fora rexeitado como localización da sede do Banco Pastor.

O primeiro proxecto de urbanización da parcela foi presentado en 1916 por Rafael González Villar e Leoncio Bescansa. Tratábase dun edificio cun perfil composto con torres e pináculos influído pola arquitectura de Antonio Palacios e semellante á casa Molina do propio González Villar situado no paseo do Parrote. A altura do edificio atrasou a concesión da licenza e paralizou o proxecto.

O segundo proxecto, de estilo ecléctico con influencia da escola de Chicago, foi deseñado por Leoncio Bescansa e presentouse en 1922. Tras lograr autorización para a construción dun edificio de oito andares, obtivo licenza no mes de xuño. No seu momento anunciouse como un novo rañaceos e o maior edificio da cidade.’’La Voz de Galicia’’, 24 de setembro de 1924. Páxina 5 Con todo, durante a construción derrubouse o forxado do primeiro andar, provocando a morte a dous obreiros. A influencia de Pedro Barrié fixo que o suceso apenas tivese publicidade.’’La Voz de Galicia’’, 1 de febreiro de 1923. Páxina 5 publicou “Resueltas algunas dificultades surgidas, se reanudarán en breve, con actividad, las obras de la casa de don Pedro Barrié, en la calle de Linares Rivas”.

Finalmente Barrié retiroulle o encargo a Bescansa, ofrecéndollo a Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés, que estaban a traballar na sede do Banco Pastor.

A magnitude da intervención influíu en que outros promotores creasen edificios da mesma tipoloxía como a casa Jesús Fernández, de Pedro Mariño.

Descrición A casa Barrié está formada por tres bloques que solucionan a forte inclinación da parcela. O edificio é de estilo ecléctico con reminiscencias francesas e dúas cúpulas nas esquinas.

A decoración é pouco naturalista e inclúe elementos xeométricos antecedentes da Art déco.

A cúpula tivo que ser demolida e reconstruída en 2014 a causa de problemas construtivos.El extraño caso de la cúpula que aumenta de volumen

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Turgalicia

Categoría:Arquitectura civil na Coruña Barrié