O aeroporto internacional Soekarno-Hatta , abreviado como SHIA ou Soetta, é o principal aeroporto que serve a Iabotabek, a área metropolitana de Iacarta na illa indonesia de Xava. Bautizado na honra do primeiro presidente e vicepresidente de Indonesia, Sukarno e Mohammad Hatta, o aeroporto está situado en Benda, Tangerang, a uns 20 quilómetros ao noroeste do centro de Iacarta. Debido á súa proximidade á veciñanza de Cengkareng tamén é coñecido como aeroporto de Cengkareng, procedendo o seu código IATA desta denominación. É o aeroporto máis grande e concorrido do país, ademais de ser o máis concorrido do hemisferio sur. No ano 2016 foi o 22º aeroporto máis concorrido do mundo. Xunto co aeroporto Halim Perdanakusuma, o segundo aeroporto da cidade, servíronse a máis de 70 millóns de pasaxeiros en 2017 na área metropolitana de Iacarta. Segundo a compañía OAG, o aeroporto foi o 7º mellor conectado do mundo e 1º da zona Asia-Pacífico.
O aeroporto comezou a realizar operacións domésticas no ano 1985 substiuíndo ao vello aeroporto de Kemayoran. En 1991 foi ampliado para substituír o aeroporto Halim Perdanakusuma en voos internacionais, sendo este usado como solución temporal ata que Soekarno–Hatta foi completado. Kemayoran foi demolido e Halim Perdanakusuma aínda opera voos chárter, VIP e privados, sendo reaberto como aeroporto comercial secundario para voos domésticos para aliviar a Soekarno–Hatta que está superando a súa capacidade debido ao rápido crecemento das viaxes por aire en Indonesia.
O aeroporto adoita a ter problemas para acomodar todos os voos co seu límite actual de 81 movementos por hora. Aínda que opera por riba da súa capacidade, un estudo realizado entre abril e maio de 2012 por Airport Council International (ACI) afirmou que estaba sendo operado con seguridade. As súas dúas pistas operativas teñen problemas de pavimento e resistencia. Para reducir a conxestión e acadar o obxectivo de operar 100 voos por hora estase a construír unha terceira pista que se agarda comece a operar en 2018. A mellora das dúas pistas actuais está case rematada para poder acomodar con seguridade as operacións de avións de fuselaxe ancha.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga AeroliñasDestinosAerotrans CargoHong Kong, TrebisondaAirBridgeCargo AirlinesMoscova-SheremetyevoAir Atlanta Icelandic Reiquiavik-KeflavíkANA CargoToquio-NaritaAsialink Cargo AirlinesPangkal PinangCardig AirBalikpapan, Bangkok-Suvarnabhumi, Hanoi, Padang, Pekanbaru, Medan, Seul-Incheon, SingapurCathay Pacific CargoHanoi, Hong Kong, PenangChina Airlines CargoSingapur, Taipei-TaoyuanFedEx ExpressCantón, Cidade Ho Chi Minh, SingapurGading SariKuala Lumpur-InternacionalGaruda Indonesia CargoBatam, Osaca-Kansai, SingapurK-Mile AirBangkok-SuvarnabhumiKorean Air CargoCidade Ho Chi Minh, Penang, Seul-IncheonLufthansa CargoFrankfurtMASkargoKuala Lumpur-Internacional Qantas Freight operado por Atlas AirSydney Republic Express AirlinesBalikpapan, Kuala Lumpur-Internacional, Makassar, Singapur, Surabaia, Surakarta/SoloSingapore Airlines CargoSingapurRaya Airways Kuala Lumpur-InternacionalTri-MG Intra Asia AirlinesBatam, Kuala Lumpur-Internacional, Singapur
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web do aeroporto
Soekarno