O Irish Independent é o diario máis vendido da Irlanda, publicado por Independent News & Media (INM). A miúdo inclúe revistas no seu interior. Mentres que a maior parte dos seus contidos están escritos en lingua inglesa, o diario publica un suplemento semanal en lingua irlandesa chamado Seachtain."Seachtain" é o termo irlandés para semana. A súa publicación irmá é o Sunday Independent.

Tradicionalmente foi un periódico de gran formato, porén en 2004 comezou a producirse en formato compacto e, en decembro de 2012, trala adquisición por O'Brien, anunciouse que só se publicaría nese formato.

Historia O Irish Independent fundouse en 1905 como o sucesor directo do Daily Irish Independent, un diario da década de 1890 favorable a Charles Stewart Parnell. Foi lanzado por William Martin Murphy, un controvertido empresario nacionalista irlandés, firmemente contrario a Charles Parnell e veciño de Timothy Michael Healy, o máis férreo opoñente de Parnell.Andy Bielenberg, Entrepreneurship, Power, and Public Opinion in Ireland; The career of William Martin Murphy.

Durante o peche patronal dos traballadores en 1913, no cal Murphy erixiuse no líder entre os empresarios, o Irish Independent situouse claramente a favor dos intereses do seu propietario, publicando reportaxes e artigos de opinión hostís contra os folguistas, mostrando seguridade na derrota da unión e lanzando ataques persoais contra o seu líder James Larkin. O Irish Independent describiu o alzamento de Pascua de 1916 como demente e criminal e chamaba ao fusilamento dos seus líderes.Easter Rising newspaper archive —de BBC History En decembro de 1919, durante a guerra de independencia irlandesa, un grupo de vinte membros do Irish Republican Army, destruíron as imprentas do diario, enfadados polas críticas recibidas tralos ataques aos membros da policía metropolitana de Dublín e os oficiais do goberno británicos."Following a report on the assassination of the Lord Lieutenant...the IRA attacked the offices of the (Irish Independent) the following day." Ian Kenneally, The Paper Wall: Newspapers and Propaganda in Ireland 1919-1921. Dublin, Collins Press. 2008, (p.105). En 1924, o tradicional periódico nacionalista, o Freeman's Journal, fusionouse co Irish Independent. Ata outubro de 1986, a cabeceira do xornal incluíu a frase "incorporating the Freeman's Journal" (incorporando o Freeman's Journal).

Durante a maior parte da súa historia, o Irish Independent (tamén coñecido simplemente como o Independent ou, máis coloquialmente, o Indo) foi visto como un periódico nacionalista, católico e anti-comunista,"During the Free State Period, the Independent was characterized by a triumphalist strain of Catholicism, virulent anti-Communism and support for the Pro-Treaty Party." Fearghal McGarry, "Irish Newspapers and the Spanish Civil War", Irish Historical Studies, Vol. 33, No. 129 (May 2002), pp. 68-90. aliñado co partido Cumann na nGaedheal e máis adiante co seu sucesor, o Fine Gael. Durante a guerra civil española, a liña editorial do Irish Independent's mostrouse favorable as tropas de Francisco Franco, criticando ao goberno de Éamon de Valera por non intervir a favor da do bando nacional.Fearghal McGarry, "Irish Newspapers and the Spanish Civil War", Irish Historical Studies, Vol. 33, No. 129 (May 2002), pp. 68-90.

En 1961, incorporouse un arpa negra como símbolo do xornal. En 1972 foi cambiada a cor verde.

Durante a década de 1970, foi adquirido por Tony O'Reilly. Baixo o seu liderado, pasou a ser un xornal máis populista e liberal nalgúns aspectos, pero economicamente na dereita política. A mediados da década de 1990 rematou a súa relación co partido Fine Gael. Nas eleccións xerais irlandesas de 1997, situouse a favor do Fianna Fáil mediante un editorial na primeira páxina titulado "It's Payback Time" (en galego, é tempo de recuperación).Irish Examiner archives —O’Reilly ‘took revenge in editorial’

Desde maio de 2012, o Irish Independent está controlado polo multimillonario Denis O'Brien que adquiriu o 29.9% da empresa que o publica. En xaneiro de 2008, mentres completaba a compra de Today FM (a última emisora de radio independente de O'Brien e RTE en Irlanda), O'Brien aumentou as súas accións en Independent News & Media para converterse no segundo accionista maioritario logo de Tony O'Reilly, a quen superou tan só catro anos máis tarde.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Xornais de Irlanda