O aeroporto internacional Ninoy Aquino , anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Manila, é o aeroporto que serve a Manila e á súa área metropolitana. Está situado ao longo dos límites entre as cidades de Pasay e Parañaque, a uns 7 quilómetros ao sur da propia Manila. O aeroporto é a principal porta de entrada para pasaxeiros internacionais a Filipinas e serve como contro de conexións para AirAsia Philippines, Cebgo, Cebu Pacific, PAL Express e Philippine Airlines. Está operado por Manila International Airport Authority (MIAA), un departamento do Departamento de Transporte do goberno filipino.

Oficialmente é o único aeroporto que serve a área de Manila. Porén, na práctica, tanto o Ninoy Aquino como o aeroporto de Clark, situado na Zona do Porto libre de Clark en Pampanga serven a zona de Manila, sendo Clark usado principalmente por aeroliñas de baixo custo polas súas taxas máis baixas. En tempos recentes houbo peticións para que Clark substituíse a Ninoy Aquino como principal aeroporto de Filipinas. Foi bautizado na honra do senador Benigno "Ninoy" Aquino, Jr., asasinado no aeroporto no ano 1983.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Ninoy