A píldora dourada americanaPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia]. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Pluvialis dominica) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Charadriidae.

Morfoloxía miniatura|Pluvialis dominica a punto de iniciar o voo.Nótese a cor escura da plumaxe na zona posterior das axilas. É unha ave de mediano tamaño cun peso de 122-194 gramos, unha lonxitude de 23 a 30 cm e unha envergadura de entre 45,7 e 66 cm. É moi semellante ás outras dúas especies de píldoras de Eurasia e do Pacífico. A píldora dourada americana é máis pequena, máis delgada e ten as patas lixeiramente máis longas cá píldora dourada europea -Pluvialis apricaria-, que tamén se diferencia por ter as plumas axilares de cor branca. É moi semellante á píldora dourada siberiana -Pluvialis fulva- que noutros tempos eran consideradas da mesma especie.Reviewed in Sangster et al. (2002). A píldora dourada siberiana é mais delgada cá especie americana, ten un peteiro mais curto, as patas mais longas e a cor da súa plumaxe é polo xeral mais amarelo na súa parte posterior. Durante a tempada reprodutora estas tres especies amosan un marcado dimorfismo estacional no que amosan unha plumaxe moi parecida: partes inferiores negras e rostro negro abeirado de branco, cun xaspeado amarelo no dorso e na parte superior das ás.

Alimentación Aliméntanse, xeralmente guiadas pola súa aguda vista, de insectos, vermes, crustáceos e outros invertebrados. Para buscar o seu alimento frecuentan as pradarías, as praias e as chairas intermareais. Durante a época de cría tamén se alimentan de bagas na tundra ártica.

Hábitat e reprodución Niño descuberto con catro ovos.|miniatura|200px|left Cría nas áreas secas da tundra ártica e inverna nas costas, marxais e, ás veces, en pradarías. Emigra a grandes distancias co potente voo das súas afiadas ás.

O hábitat reprodutivo da píldora dourada americana é a tundra ártica do norte do Canadá e Alasca. Fan os eu niño no chan, nunha zona aberta e enxoita. Son unha especie migratoria que pasa o inverno boreal no Uruguai, o sur do Brasil, sueste de Paraguai e norte da Arxentina. Para isto seguen unha ruta de migración elíptica; as aves en voo cara ao norte pasan a través de América Central entre os meses de xaneiro e abrilStrewe & Navarro (2004), Herrera et al. (2006) e fan unha escala para alimentarse e descansar no interior dos Estados Unidos, nos estados de Indiana e Illinois. No outono boreal, toman unha ruta mais ao leste, voando principalmente sobre a marxe oeste do océano Atlántico e do mar Caribe ás zonas de invernada nas chairas do curso medio e baixo dos ríos Paraná e Uruguai. É bastante habitual observar exemplares divagantes desta especie no oeste de Europa.

Unha comparación das datas e padróns migratorios conduce á conclusión de que os mazaricos esquimós e as píldoras douradas americanas foron as aves costeiras que probablemente chamaron a atención de Cristovo Colón sobre da proximidade á terra firme na súa primeira viaxe en 1492, despois de 65 días no mar.

Notas

Véxase tamén

dominica Categoría:Animais descritos en 1776 Categoría:Aves de Galicia