María (e os demais) (en ) é un filme galego-catalán de 2016 dirixido por Nely Reguera. Ambientada e rodada integramente en Galicia en lingua castelá, estreouse en galego o 7 de outubro de 2020 a través da TVG. A tradución ó galego foi realizada por Margarita Díaz.
Sinopse Dende que morreu a súa nai cando tiña 15 anos, María tívose que dedicar a coidar do seu pai e dos seus irmáns. Cun carácter responsable e controlador, sempre foi o alicerce da familia. Por iso, cando o seu pai se namora de súpeto da súa enfermeira e anuncia o seu inminente compromiso, María sente que a súa vida se esvaece.
Personaxes
Bárbara Lennie como María Voz da dobraxe galega de Ana Lemos. José Ángel Egido como Antonio Voz da dobraxe galega de Tacho González. Pablo Derqui como Jorge Voz da dobraxe galega de Raúl Dans Vito Sanz como Toni Voz da dobraxe galega de Antón López. Marina Skell como Cachita Julián Villagrán como Dani Alexandra Piñeiro como Anne Rocío León como Julia Aixa Villagrán como Bea María Vázquez como Sofía Miguel de Lira como Sergio Luísa Merelas como Rosario Ernesto Chao como Arturo Fran Lareu como Rafa
Palmarés cinematográfico 2016: Premios Goya: Nomeada a mellor dirección novel e actriz (Lennie). 2016: Premios Feroz: Mellor actriz (Bárbara Lennie). 2017: Premios Fénix: Nomeada a mellor actriz (Bárbara Lennie).
XV edición dos Premios Mestre Mateo Categoría Persoa ResultadoMellor longametraxeGañadoraMellor direcciónNely RegueraNomeadaMellor actrizBárbara LennieGañadoraMellor actriz secundariaMaría VázquezNomeadaMellor guiónNely Reguera, Diego Ameixeiras, Eduard Sola, Valentina Viso, Roger SoguesGañadoresMellor dirección de produciónSergio FradeNomeadoMellor dirección artísticaAndrea PozoNomeadaMellor montaxeAina CallejaNomeadaMellor música orixinalNico CasalGañadoraMellor sonJuan Gay, Diego Staub, Miguel BarbosaGañadoraMellor fotografíaAitor EcheverríaNomeadoMellor maquillaxe e peiteadoSusana Veira, Beatriz AnteloNomeadasMellor deseño de vestiarioAránzazu DomínguezNomeada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Cataluña Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego