Altered Carbon é unha serie de televisión estadounidense creada por Laeta Kalogridis e baseada na novela homónima do autor inglés Richard K. Morgan gañadora do premio Philip K. Dick. A primeira tempada consta de dez episodios e foi estreada por Netflix o 2 de febreiro de 2018. O 27 de xullo de 2018, a serie foi renovada para unha segunda tempada de oito episodios, que foi estreada o 27 de febreiro de 2020. Un filme anime ambientado entre a primeira e a segunda tempada será estreado o 19 de marzo de 2020.
Sinopse No ano 2384, a identidade humana pode conterse nun soporte dixital e transferirse dun corpo a outro, o que permite os seres humanos sobrevivan á morte física ó asegurarse que as súas lembranzas e a súa conciencia sexan "inseridos" en novos corpos. Takeshi Kovacs, un exmembro de unidades militares especiais, é asasinado e inserido, 250 anos despois, no corpo que antes era propiedade de Elias Ryker, un oficial de policía de Bay City, grazas de Laurens Bancroft, un adiñeirado e poderoso aristócrata de 365 anos de idade que aparentemente se suicidou, perdendo todas as súas lembranzas dos intres previos á morte. Bancroft está convencido de que non se suicidou e contrata a Takeshi Kovacs para investigar o que el considera un asasinato.
Personaxes Principais Joel Kinnaman como Takeshi Kovacs James Purefoy como Laurens Bancroft Martha Higareda como Kristin Ortega Chris Conner como Edgar Poe Dichen Lachman como Reileen Kawahara Ato Essandoh como Vernon Elliot Kristin Lehman como Miriam Bancroft Trieu Tran como Mister Leung Renée Elise Goldsberry como Quellcrist Falconer
Recorrentes Will Yun Lee como Kovacs orixinal Hayley Law como Lizzie Elliot Marlene Forte como Alazne Ortega Byron Mann como O.G. Kovacs Tamara Taylor como Oumou Prescott Adam Busch como Mickey Olga Fonda como Sarah Waleed Zuaiter como Samir Abboud Hiro Kanagawa como Capitán Tanaka
Produción A serie foi encargada por Netflix en xaneiro de 2016, quince anos despois de que Laeta Kalogridis optara orinxinalmente de converter a novela nunha longametraxe. Segundo Kalogridis, a natureza complexa da novela e o seu contido clasificado para unha audiencia adulta impediu vender a idea antes de que de Netflix encargara a serie. Steve Blackman fixo a figura de co-creador. Miguel Sapochnik dirixiu o episodio piloto. A serie foi producida en Vancouver, na Columbia Británica, o Canadá.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Netflix
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018