A Roda do Castro ou castro de Piñeiro é un poboado castrexo de outeiro fortificado situado en Ares, no límite con Mugardos.

Descrición É un casto de cumio fortificado de tamaño monumental aproveitando as formas do monte. Ten forma circular case duns 100 metros de diámetro. A croa é unha carballeira. Ten defensas dobres concéntricas e dous foxos. Están ben conservadas as defensas ao leste. Ao oeste están moi achairadas e só se conserva unha das liñas defensivas de moi pouca altura. Polo norte ten un antecastro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro Bibliografía Carneiro Rey, J. A. (2003): "O castro do Piñeiro (península de Ares-Mugardos) ", en Cátedra. Revista Eumesa de Estudios.

Roda do Castro, A