Jay Chamberlain, nado nos Ánxeles (California) o 29 de decembro de 1925 e finado en Tucson (Arizona) o 1 de agosto de 2001, foi un piloto de carreiras estadounidense.

Traxectoria Participou en tres Grandes Premios do Mundial de Fórmula 1, debutando o 21 de xullo de 1962. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en numerosas carreiras fora do campionatos de Fórmula Un.

Chamberlain terminou noveno nas 24 Horas de Le Mans en 1957, pero primeiro na súa clase, pilotando un Lotus Eleven. Chamberlain de Burbank, California, foi o distribuidor de Lotus para os Estados Unidos.West Coast Sports Car Journal, setembro de 1957, Page 5.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Ecurie Excelsior Lotus 18 Climax 4 en liña NED MON BEL FRA GBR ALE ITA USA RSA NC 0

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Finados en 2001 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans