Balbina López Somoza, nada en Eiré (Pantón) en 1910 e finada no Saviñao o 16 de xullo de 1985,La Voz de Galicia, 17-7-1985, p. 42. foi unha farmacéutica galegaHomenaxe a unha farmacéutica pioneira do Saviñao e Pantón, La Voz de Galicia, 10 de marzo de 2017..
Traxectoria Era filla dun labrego e dunha ama de casa. Foi interna no colexio das Calasancias de Monforte de Lemos, máis tarde pasou a Ourense e, en 1928, principou e culminaría (1934) os seus estudos de Farmacia na Universidade de Santiago, tras a reforma legal de 1910 que lles permitía ás mulleres o acceso libre á Universidade en España e converteuse nunha das primeiras científicas luguesas.
En 1937 comprou a súa primeira farmacia en Ferreira. En 1939 trasladouse a Escairón, onde abriu unha farmacia; de igual maneira, habilitou un local de emerxencias para a poboación da montaña en Currelos.
Marchou a Madrid aprender Análise e, á volta, exerceu como inspectora farmacéutica municipal, analizando a auga da traída de Escairón.
Vida persoal Casou con Manuel Alfonso Núñez, pai de dúas fillas dun matrimonio anterior e co que tería un único fillo (tamén Manuel). Foi unha entusiasta das viaxes, e coñeceu Xapón, o Brasil e diversos países de Europa.
Está soterrada no cemiterio municipal do Saviñao.
Recoñecementos Foi nomeada Muller Pioneira Farmacéutica no IV Certame Mulleres de Lemos, organizado polo colectivo Lemos Le. Fernández (2021)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencias de Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN 978-84-09-31713-4. Ligazóns externas Núñez Álvarez, Lucía. MULLERES DE LEMOS: Balbina López Somoza, unha muller para o 8 de marzo [presentación ppt]. O colectivo Lemos Le homenaxeou á farmacéutica do Saviñao Balbina López Somoza no IV Certame Mulleres de Lemos, na páxina web Encomún.es.
Categoría:Farmacéuticos de Pantón Categoría:Nados en Pantón Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes