O termo epixénese (do grego antigo ἐπί epí, "sobre", "logo de", e γένεσις génesis, "nacemento, creación, orixe"), pode referirse a:
Epixénese, en bioloxía, proposición sobre o método polo cal se desenvolve un individuo: un embrión desenvólvese a partir dun ovo ou cigoto que aínda non se diferenciou (ver tamén epixenética); Epixénese, en mineraloxía, cambio da natureza química dun mineral, sen que se modifiquen a súa estrutura e a súa forma anterior; Epixénese, en xeomorfoloxía, fenómeno que se produce no curso dun río cando o seu leito é escavado nun manto de rocha branda, que entalla un canón na rocha dura subxacente.