Ángel Durán Álvarez, nado en Santa Comba (Bande) en 1949, é un político galego. Foi alcalde de Barbadás desde 1979 ata 1987. Traxectoria Foi mestre industrial na Residencia Sanitaria de Ourense e militante de UCD e de Coalición Galega.
Nas eleccións municipais de 1979 encabezou a lista de UCD no concello de Barbadás e foi o candidato máis votado. Non obstante nun primeiro momento foi elixido alcalde o candidato número dous de Alianza Popular, Raimundo Álvarez Rodríguez, se ben foi impugnado polo xulgado ao non ser o número un da lista do seu partido, e estivo no cargo 15 días ata a decisión xudicial.
En 1987 pasou á oposición cando unha moción de censura de concelleiros tránsfugas do seu partido pasaron a Centristas de Galicia, provocando o seu cesamento como alcalde.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Barbadás
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Bande Categoría:Alcaldes de Barbadás Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes