Meron Mazur, nado o 5 de febreiro de 1962 en Prudentópolis (Brasil), é un bispo católico ucraíno, dende 2014 bispo de Inmaculada Concepción en Prudentópolis.
Traxectoria Foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno o 8 de setembro de 1990 polo bispo de San Xoán Bautista en Curitiba, Efraím Basílio Krevey. O 21 de decembro de 2005 foi nomeado bispo auxiliar de Curitiba, sendo consagrado bispo polo arcebispo maior de Kíiv-Galicia Liubomyr Huzar o 26 de febreiro de 2006. O 12 de maio de 2014 foi nomeado bispo de Inmaculada Concepción en Prudentópolis.
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados no estado do Paraná Categoría:Bispos católicos do Brasil Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Relixiosos católicos do Brasil