Hendrick Cornelisz. van Vliet, nado arredor de 1611 na cidade surholandesa de Delft e finado na mesma cidade en 1675, foi un pintor dos Países Baixos do século de ouro holandés, membro da Escola de Delft, particularmente coñecido polas súas obras destinadas á decoración do interior de igrexas."Hendrick Cornelisz van Vliet". En Essential Vermeer (en inglés)Liedtke, W.A. "Hendrik van Vliet and the Delft School, Museum News". En The Toledo Museum of Art 21. 1979. P. 40-52 (en inglés)Notas biográficas de Hendrick van Vliet. En Web Gallery of Art (en inglés)
Traxectoria miniatura|esquerda|Retrato de Michiel van der Dussen, a súa muller, Wilhelmina van Setten, e os seus fillos (1640), Van Vliet, Colección Stedelijk, Museo Prinsenhof, Delft Nos seus primeiros anos en Delft estudou pintura baixo a dirección do seu tío Willem van der Vliet (ca. 1584-1642) e en 1632 fíxose membro do gremio de pintores de San Lucas ("Guilda de San Lucas") da mesma cidade."Vliet (Hendrick van of van der)". En Vander Aa, A.J. Biographisch Woordenboek der Nederlanden. XIX. Haarlem, 1876. P. 288 (en neerlandés)
Os comezos da súa carreira artística veñen marcados pola pintura de edificios relixiosos, na liña do pintor Pieter Saenredam. Entre outras, encárganlle a pintura da igrexa de San Pedro, en Leiden, e, particularmente, a Igrexa Vella (Oude Kerk) e a Igrexa Nova (Nieuwe Kerk) da súa vila natal de Delft.
Van Vliet resultou moi impresionado pola poderosa renovación que Gerrit Houckgeest lle achegou ao desenvolvemento da perspectiva a partir de 1650."Hendrick van Vliet". En Liedtke, Walter. Dutch Paintings in the Metropolitan Museum of Art. Nova York, 2007. P. 921-924 [ISBN 978-1-58839-273-2] (en inglés)
Faleceu en 1675 na cidade onde nacera e onde desenvolveu o máis salientable da súa traxectoria artística, e foi soterrado o 28 de outubro dese mesmo ano na Igrexa Vella (Oude Kerk), que anos antes se encargara de decorar.Listaxe de personaxes soterrados na Igrexa Vella de Delft , no sitio web oficial da igrexa (en inglés e castelán)
A súa obra miniatura|A tumba de Guillerme o Taciturno na Igrexa Nova. Hendrick van Vliet, 1650 As obras van Vliet pódense contemplar nos seguintes museos:"Hendrick van Vliet". Instituto de Historia da Arte dos Países Baixos (en neerlandés)Obras de Van Vliet. En Web Gallery of Art (en inglés) Rijksmuseum de Ámsterdam, Países Baixos. Walker Art Gallery de Liverpool, Reino Unido. Museo de Arte de Milwaukee, Wisconsin, Estados Unidos. The Ringling de Sarasota, Florida, Estados Unidos. Museo de Arte Nelson-Atkins en Kansas City, Missouri, Estados Unidos. Museo Pushkin de Moscova, Rusia. Museo de Belas Artes de Gante. Museo Metropolitano de Arte en Nova York.Ficha da obra "Interior of the Oude Kerk, Delft" na web oficial do Museo Metropolitano de Arte de Nova York (en inglés)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Jantzen, Hans. Das Niederländische Architekturbild. Braunschweig. Klinkhardt & Biermann, 1910 (en alemán) Maillet, Bernard G. "Hendrick Cornelisz van". En La Peinture Architecturale des Écoles du Nord: les Intérieurs d'Églises, 1580-1720. Pandora Publishers. Wijnegem, 2012P. 414-455 . [] (en francés) Liedtke, Walter A. Architectural painting in Delft: Gerard Houckgeest, Hendrick van Vliet, Emanuel de Witte. Doornspijk. Davaco, 1982 [ISBN 9789070288112] (en inglés)
Categoría:Finados en 1675 Categoría:Nados en 1611 Categoría:Nados en Delft Categoría:Pintores dos Países Baixos