Baltasar Pardal Vidal, nado en Santa Cristina de Fecha (Santiago de Compostela) o 17 de agosto de 1886 e finado o 3 de marzo de 1963 na Coruña, foi un sacerdote católico galego.
Traxectoria Naceu nunha familia campesiña, o terceiro de catro irmáns. En 1900 ingresou no seminario, e o 17 de decembro de 1910 foi ordenado sacerdote. Comezou o seu ministerio sacerdotal como párroco coadxutor de Santa María de Betanzos en 1912, e en 1913 trasladouse á Coruña como coadxutor da igrexa de San Nicolao.
Alí fundou en 1923 a Grande Obra de Atocha, aprobada como instituto secular en 1951 das Fillas da Natividade de María. Catro anos máis tarde, o seu instituto chegou ao Uruguai e a Venezuela. Foi tamén cóengo da colexiata de Santa María do Campo na Coruña.
Finou o 3 de marzo de 1963, e está enterrado na capela da Grande Obra de Atocha na Coruña.
Recoñecementos Unha rúa na cidade da Coruña leva o seu nome, así como outras rúas en Pontedeume, Betanzos e Arzúa (1982). En 2012 adicáronlle os xogos florais de María Pita.
Veneración O 14 de decembro de 1996 comezou a súa causa de canonización na arquidiocese compostelá; a fase diocesana do proceso foi pechada en 2001 e a Positio foi enviada á Congregación para as Causas dos Santos en 2005. O 10 de maio de 2012 o papa Bieito XVI promulgou o decreto de virtudes heroicas, e declarouno "Venerable".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Venerados pola Igrexa católica Categoría:Personalidades do ensino de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos do século XX