Castro de Sigrás é un castro de outeiro fortificado situado no lugar de Sobrecarreira, en Sigrás, Cambre.PXOM de Cambre
Está situado en terreos do Pazo de Sobrecarreira ou Pazo dos Loriga a uns 110 metros de altura sobre o nivel do mar. Este castro semella estar ben conservado coas súas estruturas defensivas case intactas. A entrada natural vén sendo polo sur. Ten forma case circular duns 100 metros de diámetro. Cíngueo unha muralla defensiva duns catro ou cinco metros pola parte do camiño e no seu interior. A croa ten unha pequena elevación.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Sigrás