Clara Jansdochter van Spaerwoude (ás veces escrito Sparwoude), nada na cidade surholandesa de Delft arredor do ano 1530 e finada na mesma cidade o 4 de agosto de 1615, foi unha muller nobre dos Países Baixos coñecida e lembrada pola súa grande riqueza e os diversos fondos que deixou para a caridade como legado.
É de salientar a concesión dunha suma de diñeiro a cada un dos seus parentes e descendentes, que se mantivo vixente ata 1922, cando o fondo foi liquidado polo Goberno holandés.Biografía de Clara van Sparwoude (en neerlandés)
Traxectoria Clara era a filla de Jan Heyndrixzn (1477-1552) un ourive de Delft, e a súa segunda muller, Willemtgen Willemsdr (1495-1564). En 1556 casou Arent Vranckenzn Van der Meer (finado 1596), un militar de alto rango e burgomestre de Delft.
Clara faleceu o 4 de agosto de 1615 e foi soterrada catro días despois na Igrexa Vella (Oude Kerk) da súa vila natal de Delft, onde aínda hoxe se pode visitar a súa prominente tumba.Epitafio de Clara van Spaerwoude. En "Graven en epitafen". Sitio eweb oficial das Igrexas Nova e Vella de Delft (en neerlandés)
Legado
Ao non teren fillos Clara e o seu home, ela deixou ordenado que á súa morte se destinase a súa considerable riqueza a diversos proxectos benéficos, entre os que se incluía un fondo para "parentes pobres", que deu en interpretarse en relación cos descendentes do seu medio-irmán máis vello, Adriaan, e da súa medio-irmá máis nova, Maritgen. De feito, os primeiros pagamentos fixéronse xa no momento dos seus respectivos casamentos.
Aínda que ao principio os pagamentos supuñan importantes cantidades de diñeiro, o seu valor foise reducindo co paso dos anos, como resultado da inflación e do número de parentes. A principios do século XX, o Goberno holandés destinou un funcionario ao mantemento do legado de Clara van Spaerwoude e ao control das doazóns aos seus descendentes.
Na década de 1920, o fondo tiña aínda arredor de medio millón de floríns, mais o importe de cada pagamento descendera xa ao equivalente de 11,35 euros. En 1922, o Goberno holandés aprobou unha lei que liquidaba o saldo do fondo e o distribuía entre 10 % máis pobre dos descendentes adultos de Spaerwoude."Clara van Spaerwoude 1529 -1615". Datos biográficos de Clara van Spaerwoude e información sobre o seu legado. No sitio web oficial das Igrexas Nova e Vella de Delft (en neerlandés)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Meijer-Schaap, Aafje. Delftse vrouwen van vroeger door Delftse vrouwen van nu. Quantes Uitgevers, VOC. 1996. [ISBN 9789075095234] (en neerlandés)
Ligazóns externas Sparwoude van, Clara Jansdochter . En VikiDelft (en neeerlandés) Wie is Clara Jansdr. van Spaerwoude? Biografía e xenealoxía. En RollemaGenealogie.nl (en neerlandés)
Categoría:Nados en 1530 Categoría:Nados en Delft Categoría:Finados en 1615 Categoría:Filántropos Categoría:Personalidades dos Países Baixos Categoría:Nobreza dos Países Baixos Categoría:Personalidades sen imaxes