Sally Cecilia Hawkins, nada en Londres o 27 de abril de 1976 é unha actriz británica, coñecida polas súas interpretacións de Poppy en Happy-Go-Lucky, Susan en Vera Drake (2004), Sue Trinder na serie da BBC, Fingersmith (2005), Anne Elliot en Persuasion (2007) e Rita O'Grady en Made in Dagenham (2010). Foi candidata ao Oscar polas súas actuacións en Blue Jasmine (2013) e The Shape of Water (2017), polo que recibiu varios premios e candidaturas.
Traxectoria Hawkins naceu en Dulwich e creceu en Blackheath, filla de Jacquiline Hawkins (de solteira, Sinfield) e Colin Hawkins, autores e ilustradores de libros infantís. Os seus pais teñen ascendencia católica irlandesa. Ten un irmán chamado Finbar Hawkins, produtor cinematográfico.
Comezou a súa carreira como actriz teatral en obras como Romeo e Xulieta, The Cherry Orchard, Much Ado About Nothing e outras. Realizou tamén pequenas aparicións en series de televisión como Casualty and Doctors. Hawkins fixo a súa primeira interpreatción salientable no filme de Mike Leigh de 2002 , All or Nothing, como Samantha. Este foi o primeiro dos tres filmes que Hawkins e Leigh fixeron xuntos; o segundo foi Vera Drake (2004).
Prestou tamén a súa voz a moitas series de como Concrete Cow. En 2007, interpretou a Anne Elliot no filme para televisión Persuasion, baseado na obra de Jane Austen, na que a súa interpretación foi ben recibida pola crítica. No mesmo ano fixo un papel secundario no filme Cassandra's Dream. Hawkins reuniuse con Leigh por terceira vez na comedia Happy-Go-Lucky, e a súa actuación recibiu a aclamación da crítica, incluíndo un Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical e o Oso de prata á mellor actriz.
En 2013, Hawkins protagonizou xunto con Cate Blanchett o filme Blue Jasmine, de Woody Allen, logrando a súa primeira candidatura ao Oscar á mellor actriz secundaria, ademais de ao BAFTA e aos Globos de Ouro.
Filmografía Ano TítuloPersonaxeDirectorNotas 1996 Mirror, Mirror Jenny Wendy GriffinCurtametraxe 1999 Star Wars Episode I: The Phantom Menace Villager George LucasExtra sen acreditar 2002 All or Nothing Samantha Mike Leigh 2004 Vera Drake Susan Wells Mike Leigh 2004 Layer Cake Slasher Matthew Vaughn 2006 Hollow China Terri Matt Platts-MillsCurtametraxe 2007 Cassandra's Dream Kate Woody Allen 2007 WΔZ Elly Carpenter Tom Shankland 2008 Happy-Go-Lucky Poppy Cross Mike Leigh 2009 An Education Sarah Goldman Lone Scherfig 2009 Desert Flower Marylin Sherry Hormann 2009 Happy Ever Afters Maura Stephen Burke 2010 It's a Wonderful Afterlife Linda / Gitali Gurinder Chadha 2010 Never Let Me Go Miss Lucy Mark Romanek 2010 Made in Dagenham Rita O'Grady Nigel Cole 2010 Submarine Jill Tate Richard Ayoade 2011 Love Birds Holly Paul Murphy 2011 Jane Eyre Mrs Reed Cary Joji Fukunaga 2012 Great Expectations Mrs Joe Mike Newell 2013 All Is Bright Olga Phil Morrison 2013 The Phone Call Heather Mat KirkbyCurtametraxe 2013 Blue Jasmine Ginger Woody Allen 2013 The Double Receptionist at Ball Richard Ayoade Cameo 2014 Godzilla Dr. Vivienne Graham Gareth Edwards 2014 X+Y Julie Ellis Morgan Matthews 2014 Paddington Mary Brown Paul King 2016 Maudie Maud Lewis Aisling Walsh 2017 The Shape of Water Elisa Esposito Guillermo del Toro 2017 Paddington 2 Mary Brown Paul King 2019 Godzilla: King of the Monsters Dr. Vivienne Graham Michael Dougherty
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en Southwark Categoría:Nados en 1976 Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Actores de voz de Inglaterra