Voskhod 1 foi o nome da primeira misión con varios tripulantes a bordo da Historia. Foi lanzada o 12 de outubro de 1964 mediante un foguete Voskhod desde o cosmódromo de Baikonur.
Características A misión de Voskhod 1 usou a cápsula Voskhod-3KV con tripulación por primeira vez. A bordo ían Vladimir Komarov como piloto e Konstantin Feoktistov e Boris Iegorov como científicos e supuxo a primeira misión espacial con máis dun tripulante ocupando a mesma nave. Voskhod 1 supuxo certo risco polas modificacións á cápsula para admitir a tres cosmonautas, asumido para bater aos estadounidenses co seu programa Gemini.
A misión serviu para estudar e practicar o traballo en equipo no espazo e para facer experimentos de física, medicina e bioloxía. A tripulación regresou a terra o 13 de outubro de 1964 ás 7:47 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Voskhod (foguete) Voskhod 2
Notas
Categoría:Programa Voskhod