Ian Ewart Raby, nado en Woolwich (Londres) o 22 de setembro de 1921 e finado en Lambeth o 7 de novembro de 1967, foi un piloto de carreiras inglés.
Traxectoria Participou en 7 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutou o 20 de xullo no Gran Premio do Reino Unido de 1963, onde se retirou na Volta 60. Non logrou puntos de campionato. Foi propietario dun garaxe en Brighton, Sussex chamado Empire Cars Ltd."1½-litre Grand Prix Racing: Low Power, High Tech", artigo de Mark Whitelock, Veloce, 2006, páxina 249. Como privado chegou a Fórmula Un tarde na vida (32 anos).
Raby comezou a correr cara a 1953 e pilotou unha variedade de autos, moitos co nome "puddle jumper" (avioneta) escrito nun lado. É lembrado polo coche I.E.R. Midget F3 de 1954. Gañou na clase de automóbiles de carreiras de 500 c.c. nun Cooper na Brighton Speed Trials en 1955.Motor Sport, outubro de 1955, páxina 602. Raby terminou 15º nas 24 Horas de Le Mans de 1957, compartindo un Cooper-Climax T39 con Jack Brabham. Gañou a primeira carreira de Fórmula Júnior celebrada en Gran Bretaña, en Brands Hatch o 3 de agosto de 1959, pilotando o auto de Moorland.Motor Sport, xaneiro 1960, páxina 18. O 12 de xuño de 1960 gañou unha eliminatoria e terminou segundo na xeral no Gran Premio de Albi, Francia, para os coches de Fórmula Júnior.Motor Sport, xullo de 1960, páxina 524. Máis tarde ese ano gañou unha carreira de Fórmula Libre en Mallory Park nun Cooper-Climax F2.Motor Sport, xaneiro de 1961, páxina 18. O 9 de maio de 1963 logrou o terceiro lugar na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Vallelunga en Roma nun Gilby-B.R.M. V8.Motor Sport, xullo de 1963, páxina 517. No Solitude Grand Prix aínda que correu ata ao final non clasificou.Motor Sport, setembro de 1963, páxina 688. e retirouse na Oulton Park Gold Cup.Motor Sport, setembro de 1963, páxina 889.
Cambiou a Brabham-B.R.M. en 1964 pero o coche fallou a miúdo, non arrincou no Gran Premio de Italia en Monza.Motor Sport, outubro de 1964, páxina 811. Logrou ser oitavo en Syracuse co Brabham en 1965,Motor Sport, maio de 1965, páxina 388. vendeu o coche antes do Gran Premio de Italia ese ano.
Cando a Fórmula Un cambiou a 3 litros para 1966, Ian Raby optou por correr na Fórmula 2. Nun Brabham-Ford Lotus de F2 de 1967 logrou un oitavo lugar en Snetterton o 24 de marzo.Motor Sport, maio de 1967, páxina 402. Fixo outro oitavo lugar en Hockenheim en xuño. De volta a Hockenheim o 9 de xullo, Raby conseguiu o quinto lugar contra os seus rivais máis potentes. Motor Sport, agosto de 1967, páxina 696.
O 30 de xullo de 1967, Ian Raby estrelouse co seu Brabham na carreira de F2 do Trofeo Zandvoort (Grote Prijs van Zandvoort) e resultou gravemente ferido.Motor Sport, setembro de 1967, páxina 793; The Guardian, 31 de xullo de 1967, páxina 1. Sucumbiu ás súas feridas o 7 de novembro de 1967.The Times, 10 de novembro de 1967.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos Ian Raby Gilby BRM V8 MON BEL NED FRA GBR ALE ITA USA MEX RSA NC 0 Ian Raby Brabham BT3 BRM V8 MON NED BEL FRA GBR ALE AUT ITA USA MEX NC 0 Ian Raby Brabham BT3 BRM V8 RSA MON BEL FRA GBR NED ALE ITA USA MEX NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Racing database Ian Raby profile at The 500 Owners Association
Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 1967 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Brabham Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Gilby Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans