Os artistiñas, tamén coñecidos como Grupo Volter, foi un grupo de artistas galegos formado na cidade de Ourense en 1963.[http://www.laregion.es/articulo/ourense/ourense-ultima-preparativos-primer-homenaje-artistas-grupo-volter/20080330141857047509.html Ourense ultima los preparativos del primer homenaje a siete artistas del 'grupo Volter'''] Agencias, La Región'', 29/03/2008 .

O nome do grupo foi idea do intelectual ourensán Vicente Risco, que denominou deste xeito ó grupo de artistas que frecuentaban o bar do Tucho, que o mesmo Risco decidiu rebautizalo como "O´Volter", en recordo ó afamado Cabaret Voltaire de Zürich (Suíza),[https://elpais.com/diario/2008/04/15/galicia/1208254704_850215.html La República de 'Os artistiñas'''] Huete, Cristina: El País'', 15/04/2008. no que se reunían artistas da vangarda europea, naquela época representados polos surrealistas.

Membros O Grupo estaba formado por sete artistas, entre eles os escultores Acisclo Manzano, Buciños e Arturo Baltar, e os pintores Xaime Quessada, Xosé Luís de Dios, Virxilio e Xabier Pousa. Tamén estiveron vinculados ó grupo os pintores Enrique Ortiz Alonso, Prego de Oliver, Vidal Souto e Alexandro.

Características Conseguiron renovar a arte galega da época, estancada no folclorismo, a través das distintas vangardas europeas existentes dende principios do século XX, como o cubismo ou a abstracción.Fallece Xosé Luis de Dios, uno de los renovadores del arte gallego en los 70 La Opinión A Coruña, 03/08/2010 .

O´Volter (Bar do Tucho) miniatura|250px|Praza de Eironciño dos Cabaleiros, Ourense. Situado na praza Eirociño dos Cabaleiros, na zona antiga de Ourense, foi rexentado por Vicente Fontenla, Tucho.[http://www.laregion.es/articulo/ourense/lembranzas-lonxanas-vicente-risco-referente-volter/20171117110053748833.html Lembranzas lonxanas de Vicente Risco e o referente de 'O Volter'''] Ramos, Fernando: La Región'', 17/11/2017. Dende 1963 foi o punto de reunión de artistas e intelectuais da época, e entre a súa clientela cabe destacar ós escritores e poetas Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín, Carlos Casares, Millán Picouto, Julito Losada; os escultores Failde, Ignacio Basallo e Baldomero Moreiras; o médico Conde Corbal; o xornalista Luís Trabazo; o historiador Xesús Ferro Couselo; o empresario Augusto Valencia e diversos ourensáns con inquedanzas.

O Volter pechou as súas portas en 1985La tasca de la intelectualidad Huete, Cristina: El País, 14/04/2010.. e o edificio foi derrubado a finais dos anos noventa.Hemeroteca: El Concello de Ourense exigió medidas de seguridad para demoler O Volter La Voz de Galicia, 1999 .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Os renovadores Grupo Atlántica

Ligazóns externas 15px Unhas fotos do Volter para lembrar aquela República. Blog de Ana B. Bande. (17/04/2008).

Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Ourense