Vostok 1 foi o nome da primeira misión tripulada da Historia, con Iuri Gagarin a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 12 de abril de 1961 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.

Características A misión de Vostok 1 foi realizar a primeira misión orbital tripulada. O equipamento da cápsula incluía o soporte vital e comunicación por radio e televisión para monitorizar o estado do cosmonauta. O voo foi completamente automático e os controis manuais estaban bloqueados polo descoñecemento da influencia do espazo no comportamento dos humáns, pero podían desbloquearse cun código numérico que se atopaba nun sobre pechado que Gagarin tiña á súa disposición. Durante a reentrada o módulo de servizo quedou enganchado na cápsula de reentrada, facendo que esta xirara descontroladamente ata que a calor da reentrada fundíu o cable que mantiña unidos ambos módulos. Gagarin, tal como estaba planeado, exectouse da cápsula a uns poucos quilómetros de altura e aterrou usando o seu propio paracaídas.

O voo tivo lugar 25 días antes do primeiro voo espacial suborbital dos Estados Unidos.

Véxase tamén

Outros artigos Vostok 2 Vostok 3 Vostok 4 Vostok 5 Vostok 6 Vostok (nave espacial) Iuri Gagarin

Notas

Categoría:Programa Vostok