Elvira María García Piñeiro, nada en Pontevedra en 1967, é unha avogada e política galega, deputada autonómica na Asemblea de Madrid por Unión Progreso y Democracia (UPyD) durante a IX Lexislatura (2011-2015).

Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a avogacía dende 1994 en Santiago e Madrid dedicándose inicialmente ó dereito comunitario e á arbitraxe, e especializada en Dereito privado.

Foi membro da Asociación Pro Dereitos Humanos, a cal abandonou en 1992 trala defensa da Lei Corcuera por parte dalgúns dos fundadores da asociación. Foi membro de Unión Progreso y Democracia (UPyD) dende setembro de 2007, tratando os temas xurídicos relacionados co partido; así mesmo, foi membro do Consello de Dirección e do Consello Político do partido.

Nas eleccións á Asemblea de Madrid de 2011 foi elixida deputada da Asemblea de Madrid, voceira adxunta segunda do seu grupo parlamentario e voceira na Comisión de Presidencia e Xustiza e mais na Comisión de Vixilancia das Contratacións. Foi de novo nas listas do partido de cara ás eleccións á Asemblea de Madrid de 2015, mais non saíu elixida. Notas

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Políticos de UPyD Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da IX Lexislatura da Asemblea de Madrid