María Mazás Lata, nada na Coruña o 9 de agosto de 1960 e finada o 5 de outubro de 2017, foi unha artista plástica, pintora, escultora, poeta, deseñadora de chapeus e bailarina galega.

Traxectoria Creadora e artista, María Mazás provén do mundo da danza clásica contemporánea. Empezou a súa carreira profesional sendo bailarina, pero en 1987 cambiou o seu rumbo creativo e empezou a dedicarse á sombrerería. María Mazás foi unha artista autodidacta que se definiu a partir dunha constante investigación. Tras pasar tres anos en Alemaña, investigando sobre a súa nova profesión, instalouse en Barcelona en 1991, aínda que sempre desenvolveu o seu traballo dacabalo entre ámbolos dous lugares. Traballou para o mundo da moda e o estilismo en pasarelas internacionais, así como tamén participou en diversas montaxes teatrais e en máis de trinta exposicións en cidades como Friburgo, Roma, Venecia e París. No seu traballo como deseñadora de chapeus salientou a orixinal utilización de materiais.

Logo de 17 anos de dedicación á sombrerería como arte, María Mazás retomou a súa carreira como pintora, inspirada na tradición xaponesa da caligrafía e a pintura sumi-e, que combinou co seu interese pola pintura expresionista para desenvolver unha obra de profunda espiritualidade. Traballou tamén collages e escultura.

Notas

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Deseñadores de moda de Galicia Categoría:Finados en 2017