Drukair Corporation Limited (dzongkha: འབྲུག་མཁའ་འགྲུལ་ལས་འཛིན།), operando como Drukair - Royal Bhutan Airlines, é a aeroliña nacional do Reino de Bután, con base no dzongkhag occidental de Paro.

Foi fundada no ano 1981, dez anos despois de que o Druk Gyalpo Jigme Dorji Wangchuck comezase a abrir gradualmente o reino dun illamento autoimposto, e sete anos despois de recibir aos seus primeiros visitantes estranxeiros. A aeroliña comezou a operar en 1983 con voos dende Calcuta a Paro usando avións Dornier Do 228. En novembro de 1988 pasou a utilizar BAe 146-100 e, co obxectivo de satisfacer a crecente demanda, estes avións foron substituídos en 2004 por dous Airbus A319.

Drukair opera unha modesta rede de voos regulares dentro da rexión de Asia Meridional dende a súa base do aeroporto de Paro. En marzo de 2018 a aeroliña voaba a 13 destinos en seis países.

Frota En marzo de 2016 a frota de Drukair estaba formada polos seguintes avións:

<center> {| class="toccolours" border="1" cellpadding="3" style="border-collapse:collapse;text-align:center;" |+ Frota de Drukair |- bgcolor=orange !rowspan="2" |Avión !rowspan="2" style="width:30px;" |En servizo !rowspan="2" style="width:30px;" |Pedidos !colspan="3" |Pasaxeiros !rowspan="2" |Notas |- bgcolor=orange !style="width:25px;"|J !style="width:25px;"|Y !style="width:30px;"|Total <center> |- |Airbus A319-100 |<center>3 |<center>2 |<center>16 |<center>102 |118

|ATR 42-500 |align="center"|1 |align="center"|— |align="center"|— |align="center"|48 |align="center"|48

!Total !4 !2 | colspan="4" |

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Bután