Vostok 3 foi o nome da terceira misión tripulada da Historia, con Andriian Nikolaev a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 11 de agosto de 1962 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.

Características A misión de Vostok 3 foi realizar a terceira misión orbital tripulada da Historia e o primeiro voo en formación xunto coa Vostok 4. A Vostok 3 foi lanzada en primeiro lugar, e a 4 un día máis tarde para atoparse en órbita e achegarse a tan só uns quilómetros unha da outra. Os obxectivos da misión foron estudar a capacidade do corpo humano para traballar en microgravedade, facer experimentos científicos e mellorar os sistemas das naves espaciais. No momento da inserción orbital da Vostok 4 as naves estaban a menos de 5 km de distancia. Os dous cosmonautas, Nikolaev na Vostok 3 e Popovich na 4, chegaron a contactar por radio, pero dado que as naves Vostok non tiñan capacidade de manobra, empezaron a alonxarse sen posibilidade de reunirse de novo. Nikolaev tomou fotos en cor do interior da nave e da superficie terrestre. A nave regresou á Terra o 15 de agosto de 1962 ás 6:52 GMT na rexión de Karaganda.

Véxase tamén

Outros artigos Vostok 1 Vostok 2 Vostok 4 Vostok 5 Vostok 6 Vostok (nave espacial) Andriian Grigorevich Nikolaev

Notas

Categoría:Programa Vostok