Juan Vázquez Gayoso, nado en Rábade o 5 de xuño de 1902, foi un avogado, xuíz e político galego.
Traxectoria Fillo de Jesús Vázquez Vázquez e irmán de Jesús Vázquez Gayoso. Doutor en Dereito pola Universidade Central de Madrid. Na República foi profesor axudante de Dereito na Universidade Complutense de Madrid e foi nomeado vicepresidente da Agrupación primeira de Xurados Mixtos de Madrid en maio de 1936.Gaceta de Madrid, 15-5-1936, p. 1516. Colaborou en El Presidencialista de Madrid, Horizontes de Lugo e Las Riberas del Eo de Ribadeo.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xuíz de primeira instancia e instrución de Orihuela, Oficial Letrado do Tribunal Popular de Responsabilidades Civís durante un tempo, abandonando este posto para reintegrase como xuíz de Orihuela en maio de 1938.Gaceta de la República, 13-5-1938, p. 1305. Foi nomeado capitán asimilado do Corpo de Seguridade (Grupo uniformado) en setembro de 1938,Gaceta de la República, 10-9-1938, p. 1177. e foi profesor da Academia Militar de Oficiais do Corpo de Seguridade. Publicou o folleto Moral militar antifascista para a Academia de Oficiais do Corpo de Seguridade.Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico Exiliouse en Panamá, e foi profesor de dereito na Universidade de Panamá. Nos anos cincuenta rexentou a Librería Minerva en Caracas.
Vida persoal
Casou con María Dolores Díaz Vázquez, e foi pai de Juan Miguel, Ana María e Rafael Vázquez Díaz.Amor y Vázquez, el hispanista exiliado en USA que llevaba en su cartera una foto de Ribadeo
Notas
Categoría:Avogados da Pontenova Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Panamá
Categoría:Galegos de Venezuela
Categoría:Nados en Rábade
Categoría:Nados en 1902 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes