A Cadel Evans Great Ocean Road Race, tamén coñecida só como Great Ocean Road Race, é unha carreira ciclista australiana. Foi creada no ano 2015, a iniciativa do ciclista australiano que lle pon nome, Cadel Evans, campión do Tour de Francia e do mundo. A carreira desenvólvese todos os anos polas zonas de Melbourne e Geelong, dentro do estado de Victoria. Dende a súa creación, sempre se disputa uns días despois do final do Tour Down Under. A proba masculina formou parte do UCI Oceania Tour, na súa primeira edición con catalogación 1.1 e xa no 2016 con categoría 1.HC. No 2017, coa ampliación do número de probas pasou a formar parte do UCI WorldTour.
A súa versión feminina, incluíuse no ano 2015 no calendario australiano. En 2016 pasou a ser de catalogación 1.2 e no 2018 1.1. Esta carreira feminina foi a sucesora da Geelong World Cup, incluída na Copa do Mundo feminina e que tivo lugar na mesma zona entre 2003 e 2008.
Palmarés feminino +AnoVencedoraSegundaTerceira2020 Liane Lippert Arlenis Sierra Amanda Spratt2019 Arlenis Sierra Lucy Kennedy Amanda Spratt2018 Chloe Hosking Gracie Elvin Giorgia Bronzini2017 Annemiek van Vleuten Ruth WinderMayuko Hagiwara2016 Amanda Spratt Rachel Neylan Danielle King2015 Rachel Neylan Valentina Scandolara Tessa Fabry
Palmarés masculino AnoVencedorSegundoTerceiro2019 Dries Devenyns Pavel Sivakov Daryl Impey2019 Elia Viviani Caleb Ewan Daryl Impey2018 Jay McCarthy Elia Viviani Daryl Impey2017 Nikias Arndt Simon Gerrans Cameron Meyer2016 Peter Kennaugh Leigh Howard Niccolò Bonifazio2015 Gianni Meersman Simon Clarke Nathan Haas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Geelong Cadel Evans Tour Down Under
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Competicións de ciclismo de Australia