Wide-field Infrared Explorer, coñecido tamén polo seu acrónimo WIRE, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 5 de marzo de 1999 mediante un foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características WIRE foi un observatorio espacial arrefriado mediante hidróxeno sólido capaz de observar o ceo en dúas lonxitudes de onda infravermellas (12 e 25 micrómetros). Foi deseñado para estudar galaxias con gromos estelares e buscar protogalaxias. O telescopio de WIRE tiña unha apertura de 30 cm e era de tipo Ritchey-Chretien.
Pouco despois do lanzamento a cobertura do telescopio foi exectada prematuramente, expoñendo o hidróxeno sólido, que se sublimou, acelerando a rotación do observatorio e producindo a perda do refrixerante. O control do observatorio foi finalmente recuperado, pero sen o hidróxeno para arrefriar o instrumentos a misión principal deuse por perdida. A nave reutilizouse para facer observacións co seguidor de estrelas para a monitorización a longo prazo de estrelas en apoio a futuras misións astrosismolóxicas e de busca de exoplanetas. WIRE reentrou na atmosfera terrestre o 10 de maio de 2011.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pegasus XL
Categoría:Satélites artificiais