Byung-Chul Han (en ), nado en Seúl en 1959,Werner Stegmaier (Hrsg.): Europa-Philosophie. De Gruyter, Berlín/Nova York 2000, ISBN 3-11-016900-2], S. 191 (en liña).Musik & Ästhetik, Band 1, 1997,  é un filósofo e ensaísta surcoreano. É experto en estudos culturais e docente da Universität der Künste (Universidade das Artes) de Berlín. Escribe en lingua alemá e está considerado como un dos filósofos máis salientables do pensamento contemporáneo pola súa crítica ó capitalismo, a sociedade do traballo, a tecnoloxía e a hipertransparencia.

O seu ensaio Infocracia foi publicado en galego pola Catro Ventos Editora.

Traxectoria Nunha entrevista no semanario alemán Die Zeit, contou que lle interesa especialmente a tecnoloxía, malia ser crítico con ela. De feito, durante a infancia xogaba sempre con radios e aparellos eléctricos, mais ao final estudou Metalurxia na Universidade de Corea. Abandonou a carreira tras provocar unha explosión na súa casa mentres traballaba con produtos químicos. Chegou a Alemaña con 26 anos, sen saber o idioma e sen ler case nada de filosofía.

Estudou Filosofía na Universidade Albert Ludwig de Friburgo e Literatura Alemá e Teoloxía na Universidade de Múnic. En 1994 doutorouse en Friburgo, Alemaña cunha disertación sobre Martin Heidegger. En 2000 incorporouse ó Departamento de Filosofía da Universidade de Basilea, onde completou a súa formación. En 2010 converteuse en membro da facultade Staatliche Hochschule für Gestaltung Karlsruhe. As súas áreas de interese foron a filosofía dos séculos XVIII, XIX e XX, a ética, a filosofía social, a fenomenoloxía, a antropoloxía cultural, a estética, a relixión, a teoría dos medios de comunicación de masas e a filosofía intercultural. Dende 2012 é profesor de Filosofía e estudos culturais na Universidade das Artes de Berlín (UdK), onde dirixe o Studium Generale, ou programa de estudos xerais.

Até hai pouco, Han negábase a dar entrevistas de radio e televisión. Raramente revela detalles biográficos ou persoais, incluída a súa data de nacemento.

Pensamento Algúns dos seus traballos foron traducidos a varios idiomas. Os máis característicos son tratados do que el denomina a "sociedade do cansazo" (Müdigkeitsgesellschaft), a "sociedade da transparencia" (Transparenzgesellschaft) e o seu concepto de Shanzai, neoloxismo que busca identificar os modos da deconstrución nas prácticas contemporáneas do capitalismo chinés.

Han analiza tamén a "transparencia" como norma cultural creada polas forzas do neoliberalismo. El entende dita norma como o insaciable impulso cara á divulgación voluntaria de todo tipo de información. Segundo Han, os ditados da transparencia impoñen un sistema totalitario de apertura a expensas doutros valores sociais como a vergoña, o segredo e a confidencialidade.

Obra Heideggers Herz. Zum Begriff der Stimmung bei Martin Heidegger. Wilhelm Fink, Paderborn 1999. Todesarten. Philosophische Untersuchungen zum Tod. Wilhelm Fink, Paderborn 1999. Martin Heidegger. UTB, Stuttgart 1999. Tod und Alterität. Wilhelm Fink, Paderborn 2002. Philosophie des Zen-Buddhismus. Reclam, Stuttgart 2002. Was ist Macht Reclam, Stuttgart 2005. Hyperkulturalität: Kultur und Globalisierung Merve, Berlin 2005. . Hegel und die Macht. Ein Versuch über die Freundlichkeit. Wilhelm Fink, Paderborn 2005. Gute Unterhaltung. Eine Dekonstruktion der abendländischen Passionsgeschichte. Verlag Vorwerk 8, Berlin 2007. Abwesen: Zur Kultur und Philosophie des Fernen Ostens Merve, Berlin 2007. . Duft der Zeit: Ein philosophischer Essay zur Kunst des Verweilens Transkript 2009. Müdigkeitsgesellschaft Matthes & Seitz, Berlin 2010, . Shanzhai 山寨 - Dekonstruktion auf Chinesisch. Merve, Berlin 2011, . Topologie der Gewalt. Matthes & Seitz, Berlin 2011, . Transparenzgesellschaft. Matthes & Seitz, Berlin 2012, . Agonie des Eros. Matthes & Seitz, Berlin 2012, . Bitte Augen schließen. Auf der Suche nach einer anderen Zeit. Matthes & Seitz Berlin 2013 libro electrónico, . Digitale Rationalität und das Ende des kommunikativen Handelns. Matthes & Seitz Berlin 2013, . Im Schwarm. Ansichten des Digitalen. Matthes & Seitz, Berlin 2013, . Psychopolitik: Neoliberalismus und die neuen Machttechniken. S. Fischer Verlag Frankfurt 2014 . Die Errettung des Schönen. S. Fischer Verlag Frankfurt 2015. Die Austreibung des Anderen: Gesellschaft, Wahrnehmung und Kommunikation heute. S. Fischer, Berlin, 2016. . Close-Up in Unschärfe. Merve, Berlin 2016. . Gute Unterhaltung: Eine Dekonstruktion der abendländischen Passionsgeschichte. Matthes & Seitz, Berlin 2017. . Lob der Erde: Eine Reise in den Garten. Ullstein, Berlin 2018. . Vom Verschwinden der Rituale: Eine Topologie der Gegenwart. Ullstein, Berlin 2019. . Palliativgesellschaft. Schmerz heute. Matthes & Seitz, Berlin 2020. .

Traducións

Infocracia: a dixitalización e a crise da democracia (2022). Tradución directa do alemán de Patricia Buxán Outeiro. Catro Ventos Editora.

Premios

Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2025.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Seúl Categoría:Filósofos de Alemaña Categoría:Filósofos do século XXI