Jetstar Airways Pty Ltd, comercializada como Jetstar, é unha aeroliña de baixo custo australiana coa súa sede en Melbourne. É unha subsidiaria de Qantas, creada en resposta á ameaza que representaba Virgin Australia. Jetstar é parte da estratexia de dúas marcas de Qantas de manter a Qantas Airways para o mercado premium de servizos completos, e Jetstar para o mercado do baixo custo. En 2015 Jetstar transportou o 8,5% de todos os pasaxeiros que viaxaban dende ou cara Australia.

A aeroliña opera unha extensa rede doméstica ademais de realizar servizos rexionais e internacionais dende a súa base principal no aeroporto de Melbourne, usando unha frota mixta de avión da familia Airbus A320 e de Boeing 787 Dreamliner. Ao igual que a súa compañía nai, Jetstar compite con Virgin Australia e a súa subsidiaria de baixo custo Tigerair Australia.

Qantas, a través do Jetstar Group, tamén ten accións nas súas aeroliñas irmás Jetstar Asia Airways, Jetstar Pacific Airlines e Jetstar Japan.

Frota En novembro de 2017 a frota de Jetstar Airways estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Jetstar AirwaysAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasJYTotalAirbus A320-20052——18018043 avión van ser reformados con 186 asentos dende agosto de 2017 ata decembro de 2018. Dous serán transferidos a Network Aviation para ser operados baixo a marca Qantaslink.186186Airbus A320neo—54—186186Entregas dende mediados de 20188——220220230230Airbus A321neo—27TBAAirbus A321LR—18—232232Entregas dende mediados de 2020Boeing 787-811—21314335Total7199

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Australia Categoría:Aeroliñas de baixo custo