Emilio Mosteiro Fernández, nado en Madrid nos comezos do século XX e finado na mesma cidade a comezos da década de 1970, foi un poeta que Ricardo Carballo Calero encadra no grupo dos Novecentistas .

Traxectoria Foi un poeta e diplomático de ascendencia madrileña que viviu en Santiago de Compostela de 1924 a 1936.

En Ancla (1923-1925) (1926), escrito en castelán, hai un remate a xeito de Gharcha no poema "Morriña", que lembra o vangardismo de Manuel Antonio:

En Poemas sincopados (1926-1929) (1929) a sección "Alalás" está en galego. Son trece textos en versos octosílabos, os máis breves de tres unidades, a xeito de cantares de soidade, e os máis longos de sete versos. Todos estes poemas son dun imaxinismo hilozoísta combinando elementos amorosos e paisaxísticos. Estas breves composicións son variantes dun mesmo tema: a amada rodeada do medio galego de mar, rías e choiva. Nelas limítanse a amplifícanse as imaxes vangardistas.

Ademais neste libro válese dunha técnica e temática propias da creación musical e está significativamente dedicado ao musicólogo Xesús Bal y Gay.

Vida persoal Casou con Emilia Gayoso Besteiro, aínda que se divorciaron en 1935Boletín Oficial de la provincia de Madrid, 30 de novembro de 1935, páx. 3. En 1937 ela foi depurada do seu posto de traballoBoletín Oficial del Estado, Burgos, 12 de maio de 1937.

Obra Ancla (1923-1925) (1926) Poemas sincopados (1926-1929)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Poetas de España Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá