Wresat foi un satélite artificial de Australia lanzado o 29 de novembro de 1967 mediante un foguete Redstone Sparta desde Woomera.
Características Wresat foi construído pola Weapons Research Establishment australina en 11 meses e foi lanzado para estudar a atmosfera superior. Os instrumentos de a bordo estaban deseñados para estudar os raios ultravioleta e X do Sol e o seu efecto na atmosfera. Por simplicidade o satélite permaneceu acaroado á última etapa do seu foguete lanzador e funcionou durante as dúas semanas que aguantaron as súas baterías. Reentrou na atmosfera terrestre o 10 de xaneiro de 1968.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Redstone Sparta
Categoría:Satélites artificiais