Juan Montero Telinge, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1800Couceiro Freijomil e Carballo Calero dan como data de nacemento o 31 de decembro de 1797 e finado na Coruña o 26 de outubro de 1893, foi un político galego.
Traxectoria Pertenceu á Milicia Nacional e acadou o grao de sarxento. Militou no Partido Liberal e estivo exiliado. Foi alcalde da Coruña no Bienio Progresista (1854-1855) e deputado a Cortes (1869-1871). Foi elixido senador pola provincia da Coruña (1872-1873) e senador vitalicio (1884-1885). Era comerciante na Coruña. Foi membro da loxa La Herculina nº 10.
Publicou en 1844 "Rosa y Pascual. Cuento gallego", transcrito como "Rosa e Pascual" por Uxío Carré Aldao en Literatura gallega (1911). É un conto en quintillas de literatura popular picaresca inspirada nos mandamentos referentes á libido.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1800 Categoría:Finados en 1893