Ragnar Klavan, nado o 30 de outubro de 1985 en Viljandi (Estonia), é un futbolista estoniano que xoga como defensor no Liverpool FC da Premier League de Inglaterra. Tamén é o capitán da selección de Estonia.

Traxectoria profesional Estonia e Noruega Ragnar Klavan fixo o seu debut como profesional aos 15 anos, en 2001, no Elva, na súa Estonia natal. Un ano máis tarde uniuse ao Viljandi Tulevik onde xogou dúas tempadas e en 2003 asinou polo Flora Tallin, un dos clubs máis representativos de Estonia. O 31 de agosto de 2004, Klavan foi cedido ao Vålerenga de Noruega por tres meses. Unha vez que o empréstito rematou, o club noruegués decidiu ampliar a estadía de Klavan ata o 30 de novembro de 2005; con todo, xogou só dous partidos no Tippeligaen.

Heracles Almelo O 4 de agosto de 2005 asinou tres anos co club Heracles Almelo da primeira división dos Países Baixos. Cinco días despois fixo o seu debut en Holanda contra o RKSV DCG en Ámsterdam. Marcou o seu primeiro gol na Eredivisie o 24 de agosto de 2007, aos 76 minutos nunha derrota por 2-1 contra Roda, no que xogaba o seu compatriota Andrés Oper. En decembro do mesmo ano, ampliou o seu contrato ata o 30 de xuño de 2008.

AZ Alkmaar Tras xogar 104 encontros oficiais co Heracles e marcar cinco goles, o 27 de xaneiro de 2009 foi cedido ao AZ Alkmaar acordando previamente o seu traspaso permanente ao club de Alkmaar no verán por catro anos. O 29 de setembro de 2009 Ragnar Klavan converteuse no primeiro estoniano en xogar un partido de fase da UEFA Champions League, entrando na segunda metade do partido que terminou en 1-1 contra o Standard Lieja de Bélxica. O 29 de xullo de 2010 marcou o seu primeiro gol na UEFA European League, nunha vitoria por 2-0 contra IFK Göteborg de Suecia.

Augsburgo O 2 de xullo de 2012, tras xogar durante 7 anos na primeira división holandesa, asinou por dúas tempadas co FC Augsburg da Bundesliga de Alemaña.

Liverpool O 20 de xullo de 2016 fíxose oficial a súa fichaxe polo Liverpool FC da Premier League inglesa, baixo as ordes do adestrador Jürgen Klopp.Liverpool complete deal to sign Ragnar Klavan

Selección nacional É o actual capitán da selección de Estonia, coa que xogou 124 partidos e marcou tres goles. O seu debut produciuse o 3 de xullo de 2003 contra Lituania, nun partido da Copa do Báltico. Fixo o seu primeiro gol coa selección o 31 de maio de 2006 nun encontro amigable contra Nova Zelandia e o segundo o 29 de febreiro de 2012, contra o Salvador noutro encontro amigable, onde vestiu o brazalete do capitán por primeira vez.

Clubs ClubPaísAnoFC Elva2001Viljandi Tulevik2002 - 2003Flora Tallin2003 - 2005Vålerenga2004 - 2005Heracles Almelo 2005 - 2009AZ Alkmaar 2009 - 2012Augsburg 2012 - 2016Liverpool FC 2016 - presente

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en FootballDatabase.eu Estatísticas en National Football Teams Perfil en Transfermarkt Perfil do sitio web oficial del Augsburgo

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Viljandi Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Estonia Categoría:Xogadores do Vålerenga Fotball Categoría:Xogadores do Heracles Almelo Categoría:Xogadores do AZ Alkmaar Categoría:Xogadores do FC Augsburg‎ Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Estonia