A tartaruga de esporas africana (Centrochelys sulcata) é unha especie de tartaruga criptodira da familia dos testudínidos e único membro do xénero Centrochelys. Habitaba boa parte do territorio do norte africano, no bordo sur do deserto do Sáhara, no Sahel, e que actualmente case só sobrevive dentro de parques nacionais e reservas de fauna. Está ameazada no seu hábitat por mor do proceso de urbanización do seu hábitat, a desertización, a agricultura, os pasteiros, así como polo uso da súa carne na alimentación local e pola medicina tradicional.

Polo seu tamaño é a terceira maior tartaruga terrestre do mundo, e a maior das continentais (non orixinarias de arquipélagos).

Taxonomía e etimoloxía O nome xenérico resulta dunha combinación dos termos gregos geo (γαια), que significa "terra", e chelone (χελώνη), que significa "tartaruga". O nome específico "sulcata" deriva da palabra latina sulcus, que significa "asuco, engurra" facendo referencia ós asucos que aparecen nas escamas da cunha da tartaruga.

Distribución e hábitat miniatura|G. sulcata saíndo do seu refuxio. Geochelone sulcata é unha especie afrotropical do Sahel, distribúese por Etiopía, Malí, o Chad, Mauritania, Níxer, o Senegal e o Sudán. Vive nas sabanas, os bosques de acacias, e en zonas áridas e secas. A temperatura do seu ambiente é constante e é de arredor de 30-31 °C nas áreas máis quentes e 22 °C nas zonas máis frías. As baixas temperaturas e a alta humidade poden causarlle doenzas respiratorias. O seu metabolismo está moi adaptado á conservación de auga, que obtén principalmente da vexetación. Durante as horas máis cálidas escava tobos para defenderse da calor.Kaplan, Melissa. (1996)African Spurred Tortoises. Reptile and Amphibian Magazine, setembro/outubro de 1996, pp. 32-45

Notas

Véxase tamén

Categoría:Testudínidos Categoría:Animais descritos en 1779