miniatura|Antiga fábrica de tabacos A praza da Palloza é un espazo público do barrio de Catro Camiños na cidade da Coruña. Localízase fronte ao peirao homónimo do porto.

A Palloza tamén dá nome á Costa da Palloza, unha das rúas laterais da praza.La Xunta prevé implantar la entrada de 39 líneas de bus al centro en una sola fase

Historia miniatura|Monumento ás cigarreiras A área da Palloza recibiu este nome dende tempos antigos. Nesta zona situábase o cemiterio xudeu, do que se atoparon restos en 1869.Las lápidas del Corralón de la PallozaUn desagravio histórico con los judíos

En 1808 levantouse na praza a Fábrica de Tabacos.

Arquitectura O edificio máis importante da praza da Palloza é a Fábrica de Tabacos, cunha fachada deseñada polo arquitecto Antonio de Mesa en 1908.

Tamén destacan o edificio dos números 2-3, realizado por Jacobo e Antón Rodríguez-Losada entre 1977-1980 e as vivendas da esquina coa rúa de Concepción Arenal, obra de Ramón Vázquez Molezún, Gerardo Salvador Molezún e Rafael Olalquiaga Soriano realizada entre 1968 e 1974. Na praza sitúase o rañaceos coñecido como Torre Esmeralda pola cor da súa fachada.Edificios con nombre de pila

Na Costa da Palloza sitúase o edificio das Cigarreras, deseñado por Eduardo Rodríguez-Losada en estilo ecléctico entre 1932 e 1936.PXOM da Coruña. Fernández Latorre-Catro CamiñoCasa de las cigarreras

No centro da praza da Palloza sitúase o monumento ás cigarreiras, da escultora María Jesús Urgoiti.

Galería

Notas

Véxase tamén

Categoría:Prazas da Coruña