miniatura|280px|Piñeiral en Tresminas. Tresminas é unha freguesía portuguesa do concello de Vila Pouca de Aguiar, no distrito de Vila Real. Nela consérvanse restos de importantes obras realizadas durante o Imperio romano.

Xeografía Está situada na Serra da Padrela, 15  km ao leste da capital do concello. A freguesía ocupa unha superficie de 55,85  km² e tiña unha poboación de 415 habitantes en 2011, cunha densidade de poboación de 7,4 hab/km². Inclúe no seu territorio os lugares de Covas, Filhagosa, Granja, Revel, Ribeirinha, Cevivas, Tresminas, Vales e Vilarelho.

Flora A flora da rexión, rica en uces (Erica spp.), confire ao mel producido na zona un sabor característico que o torna moi apreciado. Esta influencia no seu mel tradúcese, tamén, nas súas cualidades terapéuticas específicas, destacando as propiedades antioxidantes, antirreumáticas, diuréticas e de protección contra os cálculos biliares. A pesar de existiren indicios de que o castiñeiro seria unha especie espontánea nesta rexión antes da chegada dos romanos, crese que a difusión do seu cultivo ocorreu co dominio romano.Tresminas.

Lugares de interese Os pincipais lugares dignos de visitar son a Igrexa romana de Tresminas e as minas romanas da Ribeirinha e Covas.

Poboación Evolución da poboación 1864-2011Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE.18641878189019001911192019301940195019601970198119912001201110149269028289288319381053125614191222946<685528415

<center> {| style="background:snow; float:center; margin: 1em 1em 1em 1em;" | Distribución da poboación por grupos de idade en 2001 e 2011 |- bgcolor="white" | Idade | align="center" |0-14 | align="center" | 15-24 | align="center" |25-64 | align="center" |> 65 | | align="center" | 0-14 | align="center" | 15-24 | align="center" |25-64 | align="center" | > 65 |- bgcolor="white" |2001 | align="center" |68 | align="center" |57 | align="center" |265 | align="center" |138 | | align="center" |12,9 % | align="center" |10,8 % | align="center" |50,2 % | align="center" |26,1 % |- bgcolor="white" ||2011 | align="center" |37 | align="center" |30 | align="center" |195 | align="center" |153 | | align="center" |8,9 % | align="center" |7,2 % | align="center" |47,0 % | align="center" |36,9 %

Historia A explotación romana do ouro en Tresminas iniciouse durante o reinado de Augusto (27 a.C.–14 d.C.), prolongándose até a segunda metade do século II, a época de Septimio Severo. A explotación foi feita principalmente polo sistema de cortaduras a ceo aberto, aínda que se identificaron galerías de explotación subterránea (Lagoinhos), orixinando cráteres de grandes dimensións que, até hoxe, testemuñan na paisaxe o esforzo humano alí emprendido. Segundo Alarcão (1988),

O complexo mineiro comprende os filóns de Trasminas, Gralheria e Campo de Jales, sendo unha das maiores explotacións auríferas do Imperio romano. Existen tres cortaduras de explotación: a Cortadura de Covas, a Cortadura de Ribeirinha e a Cortadura de Lagoinhos, sendo as dúas primeiras de dimensóns considerabelmente superiores, atinxindo profundidades da orde dos 100 m. Transversalmente á orientación do filón, abríronse varias galerías.

Durante os séculos I e II foron explotados e tratados metalurxicamente, a escala industrial, minerais polimetálicos con elevadas taxas de ouro e prata. As actividades mineiras centráronse na extracción dos tres principais filóns auro-arxentíferos das cortaduras citadas, encaixados en formacións rochosas de xistos e granitos.

Este complexo sistema de galerías pode hoxe, na maioría dos casos, ser visitada. Destinábanse ao transporte de materiais e ao escoamento das augas para a drenaxe das cortadas, razón pola cal presentan sempre un declive en relación á abertura, á superficie. Crese que parte do traballo do tratamento dos minerais ocorrese no interior das galerías. O abastecemento de auga era canalizado por medio de acuedutos, a partir do río Tinhela e da ribeira da Fraga. Descubríronse dous encoros romanos nos arredores da poboación de Tinhela de Baixo.

A antigüidade da presenza humana naquela zona refórzase pola existencia de pontes e estradas caracteristicamente romanas, así como pola existencia de castros mineiros (como, por exemplo, o Castro de Cidadelha de Jales, recentemente incluído nunha candidatura galaico-portuguesa a Patrimonio da Humanidade).Las minas romanas de Tresminas (Portugal) presenta candidatura a Patrimonio de la Humanidad con el apoyo de las Médulas y de forma conjunta en Infobierzo.

O ouro alí obtido era destinado directamente a Roma, fundamentalmente para a cuñaxe de moedas de ouro ou aureus. Dado que estaban baixo administración estatal directa, existían destacamentos de soldados romanos destinados para velar pola seguridade do prezado metal: lexionarios da Legio VII Gemina, e unidades auxiliares como a I Cohors Gallica equitata civium Romanorum. É moi probábel que o distrito de Tresminas estivese ligado ao de Jales formando unha unidade administrativa: un territorium metallorum.El oro romano de Tresminas . Probabelmente este antigo territorium metallorum abarcaría toda a parte sur do actual concello de Vila Pouca de Aguiar: as freguesías de Tresminas, Alfarela e Vreia de Jales, así como algunhas áreas doutras freguesías limítrofes.

Estímase que os romanos extraeron uns 20 000 kg de ouro en Tresminas, cos que seria posíbel cuñar cerca de 2 500 000 áureos, a moeda de ouro romana introducida polo primeiro emperador, Augusto.

O Complexo Mineiro Romano de Tresminas foi declarado polo goberno portugués como ben de interese público.

Desde hai sete anos celébrase en Vila Pouca de Aguiar un festival romano, cuxa próxima edición se celebrará probabelmente a mediados de xullo de 2018.

Galería de imaxes

A construción de tres grandes encoros no río Támega e a protección do complexo mineiro A compañía española Iberdrola investirá un total de 1,84 millóns de euros no complexo mineiro romano de ouro de Tresminas para contribuír á creación dun parque arqueolóxico. Segundo a compañía, este investimento —que comezou en 2016 e se estenderá até 2023, e no que participan medio cento longo de galegos— impulsará o valor histórico, patrimonial e arqueolóxico da rexión onde está construíndo un complexo hidroeléctrico no río Tâmega. O investimento da empresa española posibilitará a creación dun parque arqueolóxico no complexo mineiro, candidato a Patrimonio Mundial da UNESCO, e apoiará accións nas áreas de seguridade, investigación científica, conservación, xestión e ordenación do territorio e promoción turística. Iberdrola está desenvolvendo un complexo hidroeléctrico que constará de tres grandes presas, as de Gouvães, Tâmega e Daivões, que sumarán unha potencia instalada de 1 158 megavatios e producirán máis de 1 760 xigavatios-hora anuais. Cando estean en funcionamento, ditas centrais terán unha capacidade de almacenamento enerxético para abastecer a unha media de 300 000 hogares. Tal cantidade de enerxía adicional contribuirá a laminar o prezo da electricidade no mercado ibérico que xa comparten España e Portugal, e a reforzar a estabilidade do sistema de xeración.Iberdrola invierte 1,84 millones en el complejo minero romano en Portugal La Vanguardia, 27/04/2018.La mayor hidráulica de Portugal también tendrá acento gallego La Voz de Galicia, 29/04/2018.

Notas

Véxase tamén Outros artigos As Médulas Vila Pouca de Aguiar

Ligazóns externas Tresminas . El oro romano de Tresminas . Complejo Minero Romano de Tresminas . El oro de Tresminas (Paisaje cultural y tecnología minera romana) Goberno de España. Museo Arqueológico Nacional . Las Médulas y el yacimiento portugués de Tresminas se unen para ampliar la declaración de Patrimonio de la Humanidad Leonnoticias] 24 de xaneiro de 2017 .

Categoría:Vila Pouca de Aguiar Categoría:Freguesías do distrito de Vila Real