Ivo Castro, nado en Lisboa o 28 de marzo de 1945, é un lingüista portugués, especialista en historia da lingua portuguesa e mais é coordinador da edición crítica da obra de Fernando Pessoa.
Traxectoria Licenciouse en filoloxía románica na Universidade de Lisboa (UL) en 1969. Foi catetrático de lingüística da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e director do seu Centro de Lingüística. Entre 1995 a 2004 foi director da Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Lisboa.Ivo Castro no Centro de Lingüística da UL É membro correspondente da Real Academia Galega dende 2002, e en 2023 nomeárono doutor honoris causa da Universidade de Santiago de Compostela.
Obra A Demanda da Ortografia Portuguesa, con Inês Duarte e Isabel Leiria, Lisboa, Edições João Sá da Costa, 1987. Editar Pessoa. Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1990, Curso de História da Língua Portuguesa, con Rita Marquilhas e J. Léon Acosta, Lisboa, Universidade Aberta, 1991. Proposta de Convenção Ortográfica Mirandesa, con Manuela Barros Ferreira, Rita Marquilhas, Miranda do Douro, 1995. O Tempo da Língua, con Rita Marquilhas e Cristina Albino, Lisboa, Instituto Camões. Poemas de Fernando Pessoa. 1921-1930, ed. crítica, Lisboa, IN-CM, 2001. Galegos e Mouros, Lisboa, Colibri/Cátedra de Estudos Galegos, 2002, 41 pp. [publicado tamén en A Lingua Galega: Historia e Actualidade, ed. R. Álvarez Blanco, F. Fernández Rei, Antón Santamarina, Santiago de Compostela, ILGA-CCG, IV, 2004, pp. 3–20] Poemas de Fernando Pessoa. 1931-1933, ed. crítica, Lisboa, IN-CM, 2004. Introdução à História do Português, Lisboa, Colibri, 2004; 2ª ed. aumentada, Lisboa, Colibri, 2006 (trad. ital. Storia della Lingua Portoghesa, Roma, Bulzoni, 2006) A Estrada de Cintra, Estudos de Linguística Portuguesa Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 2017
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo do relatorio de Ivo Castro "Galicia no espazo cultural e simbólico da lusofonía" Consello da Cultura Galega, 2008
Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Filólogos de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Profesores da Universidade de Lisboa Categoría:Críticos literarios de Portugal Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en 1945 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela