Water é un filme indo-canadense escrito e dirixido por Deepa Mehta que se estreou no 2005. Está ambientado no ano 1938 e explora as vidas dunhas viúvas nunha ashram de Benarés, na India. O filme é o terceiro e derradeiro título da triloxía dos elementos de Mehta. Foi precedido por Fire (1996) e Earth (1998). Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto, e en todo o Canadá en novembro dese ano. Foi estreado na India o 9 de marzo de 2007.Oscar-nominated film "Water" released in India 7 years after protests shut down filming – International Herald Tribune
Está protagonizado por Seema Biswas, Lisa Ray, John Abraham e Sarala Kariyawasam, xunto con Kulbhushan Kharbanda, Waheeda Rehman, Raghuvir Yadav e Vinay Pathak nos papeis secundarios. As cancións principais foron compostas por A. R. Rahman, con letras de Sukhwinder Singh e Raqeeb Alam, mentres que a banda sonora é obra de Mychael Danna. A fotografía é de Giles Nuttgens, que xa traballara nos anteriores filmes de Deepa Mehta.
En 2008, Dilip Mehta dirixiu un documental inspirado polo filme, The Forgotten Woman sobre as viúvas da India. Este documental tamén foi escrito por Deepa Mehta.
Personaxes Seema Biswas como Shakuntala/ Gyanvati Lisa Ray como Kalyani (Mona Ghosh Shetty na dobraxe en hindi) John Abraham como Narayan Waheeda Rehman como Bhagavati Sarala Kariyawasam como Chuyia Buddhi Wickrama como Baba Ronica Sajnani como Kunti Manorama como Madhumati Rishma Malik como Snehalata Seema Biswas como Gyanvati Vidula Javalgekar como Patiraji Daya Alwis como Saduram Raghuvir Yadav como Gulabi Vinay Pathak como Rabindra Kulbhushan Kharbanda como Sadananda Gerson Da Cunha como Seth Dwarkanath Mohan Jhangiani como Mahatma Gandhi
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 79ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Deepa Mehta Categoría:Filmes con banda sonora de A. R. Rahman Categoría:Filmes ambientados en 1938 Categoría:Filmes ambientados no Raj Británico