O G.S. Lavrio K.A.E. (en grego: Γ.Σ. Λαυρίου K.A.E.), tamén coñecido en inglés como Lavrio B.C., é un equipo profesional de baloncesto da localidade de Lavrio, Grecia. Fundado no ano 1990, o club compite actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O logo do club é un bufo, o cal homenaxea ao dekadrachm, moeda da Antiga Grecia. O Koroivos xoga os seus partidos como local no Pavillón de Lavrio, recinto con capacidade para 1.700 espectadores.

Historia O Gymnastikos Syllogos Lavrio foi fundado no ano 1990, participando en categorías rexionais (ESKA) desde 1990 até 2002, ano no que conseguen o ascenso á Gamma Ethniki (4ª dvisión). Nesta categoría permanecen até o ano 2007, cando acadan o ascenso á Beta Ethniki (3ª división). Durante as dúas primeiras temporadas do equipo nesta categoría, a 2007–08 e a 2008–09, o equipo finaliza en sexto posto. Porén, na temporada 2009–10, conseguen proclamarse campións tras gañar no desempate ao Panelefsiniakos (24 vitorias por 6 derrotas). Así, por vez primeira no club, o club ascende á A2 Ethniki. Ao mesmo tempo, o equipo consegue gañar catro partidos na Copa de Grecia, sendo eliminados na segunda rolda da senda fase do torneo polo PAOK (73-83).

Durante a súa primeira temporada na Segunda División, en 2010–11, o Lavrio finaliza en cuarto lugar. Tras manternse nos postos intermedios da táboa clasificatoria durante as seguintes temporadas, en 2014–15 o equipo finaliza en terceiro lugar, o que unido ao descenso e desaparición do KAOD da A1 Ethniki, levou ao Lavrio á máxima categoría por primeira vez na súa historia. Ao ano seguinte o club consegue manter a categoría a falta dunha xornada para o final do campionato, podendo finalmente perder sen consecuencias na última xornada ante o Aries Trikala.

Patrocinadores Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

Lavrio DHI (2016–2017) Lavrio Megabolt (2017− )

Traxectoria AnoCategoríaDivisiónPos.PlayoffsCopaEuropa2009–10 <center>3 B Ethniki <center>1 Ascende <center> — —2010–11 <center>2 A2 Ethniki <center>4 <center> — —2011–12 <center>2 A2 Ethniki <center>8 <center> — —2012–13 <center>2 A2 Ethniki <center>5 <center> — —2013–14 <center>2 A2 Ethniki <center>10 <center> — —2014–15 <center>2 A2 Ethniki<center>3 Ascende <center> — —2015–16 <center>1 A1 Ethniki <center>9 <center> — —2016–17 <center>1 A1 Ethniki <center>8 <center> — —

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Lavrio