Abraham Cupeiro, nado en Sarria en 1980, é un músico e musicólogo galego, coñecido por recuperar e reconstruír instrumentos da antigüidade.
Traxectoria Estudou trompeta no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e fixo un máster de Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona.
No ano 2006, construíu unha trompeta barroca con técnicas do século XVIII. Tamén reconstruíu un carnyx, unha trompeta celta da Idade de Ferro, guiándose pola imaxe dunha moeda romana. Recuperou un instrumento desaparecido da tradición galega, a corna, que tocaba o seu avó. Conta cunha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de diferentes épocas. Dende 2006 leva a cabo o espectáculo "Resoando no pasado", un concerto-monólogo no que dá a coñecer instrumentos de vento de diferentes épocas e lugares, moitos deles construídos por el mesmo.
Entre as súas colaboracións salientan diferentes agrupacións historicistas, a do acordeonista belaruso Vadzim Yukhnevich, así como co grupo musical galego Grupo 1500, onde tocaba a corneta, frautas e a gaita.
En outubro de 2017, lanzou con Warner Classics un disco coa Real Filharmonía de Galicia, Os sons esquecidos, no que interpreta diferentes instrumentos ancestrais.
Discografía Os sons esquecidos (2017) coa Real Filharmonía de Galicia. Pangea (2020) coa Royal Philharmonic Orchestra. Mythos (2024) coa Royal Philharmonic Orchestra. miniatura|Abraham Cupeiro co seu carnyx tralo concerto "Resoando no pasado" en Vigo.|centro
Notas
Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1980 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Trompetistas Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Frautistas Categoría:Lutieres Categoría:Musicólogos de Galicia