No sistema universitario español, e até hai poucos anos, un profesor titular de Escola Universitaria era un docente pertencente ao corpo de funcionarios do Estado, que tiña plena autonomía docente e, ademais, se posuía o título de doutor, plena autonomía investigadora.

Segundo a Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, coñecida como LOU, que entrou en vigor o 13 de xaneiro de 2002.Ley Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades. Publicada no BOE núm. 307, de 24 de decembro de 2001, modificada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001.Ley Orgánica 4/2007, de 12 de abril, por la que se modifica la Ley Orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades. Publicada no BOE núm. 89, do 13 de abril de 2007, pare acceder a unha praza de profesor titular de Escola Universitaria debíase pasar previamente por un proceso de habilitación, un exame a nivel nacional que habilitaba ao candidato a presentarse a prazas de titular a calquera universidade española. A diferenza doutros tipos de profesor universitario, non debía cunprir o requisito de ser doutor.

Na actualidade, despois da reforma universitaria promovida polo Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, que establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais para a harmonización dos sistemas universitarios exixida polo proceso de construción do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), este título desapareceu.Real Decreto 1393/2007, de 29 de octubre, por el que se establece la ordenación de las enseñanzas universitarias oficiales. Publicado no BOE Núm. 260, do 30 de outubro de 2007.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Catedrático de escola universitaria Catedrático de universidade Profesor titular de universidade Profesor emérito

Categoría:Ensino superior