Agustina Elena Suárez Suárez, nada en Avellaneda (Arxentina) en 1911Personas encarceladas en la carcel de mujeres de Saturraran e finada en Caracas en 1988,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-12-1988, p. 54 foi unha mestra e activista antifranquista.
Traxectoria Nada na Arxentina, onde estaban emigrados os seus pais, que eran da Baña. Regresaron a Galicia e asentáronse en Ser, e despois foron vivir a Santa Comba. Foi mestra en Freixeiro, e casou con Alfredo Caamaño Pato.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o seu marido Alfredo fuxiu. Elena foi detida e encarcerada en Negreira. Xulgada en Santiago de Compostela por excitación á rebelión o 30 de marzo de 1937 xunto con outros 31 veciños do partido xudicial de Negreira,El Compostelano, 30-3-1937, p. 2. foi condenada a pena de morte. Salvou pola súa condición de súbdita arxentina e finalmente foi sentenciada a oito anos de cárcere. Foi recluída na prisión da Coruña. Pasou polas prisións de Santiago, Burgos e penal feminino de Saturrarán. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.BOE, 13-2-1940, p. 743 Foille retirado o título de mestra. En 1940 hai orde de ingresala nun hospital mental. Ao remate da guerra civil viaxou a Venezuela a través do porto de Bordeos e reencontrouse co seu home. Pouco despois chegaron os seus fillos. O matrimonio regresou en 1954 para unha breve visita ás terras de Santa Comba e Negreira.
Vida persoal
Casou con Alfredo Caamaño Pato e tivo 5 fillos: Alfredo, Iván, Matilde, Sirio e Violeta. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Elenita, a heroína antifranquista de Santa Comba"
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Finados en 1988 Categoría:Nados en Avellaneda Categoría:Nados en 1911 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes