Madalena Sibilla de Hohenzollern, nada en Königsberg o 31 de decembro de 1586 e finada en Dresden o 12 de febreiro de 1659, foi unha nobre alemá integrante da Casa de Hohenzollern e a través do seu matrimonio princesa-electora de Saxonia.

Foi a última filla do duque Alberte Frederico de Prusia e da princesa María Leonor de Cléveris, filla do duque de Cléveris, Jülich e Berg, Guillerme V o Rico e da arquiduquesa austríaca María de Habsburgo-Jagellón.

Traxectoria O 19 de xullo de 1607 en Torgau casou co Elector Xoán Xurxo I de Saxonia. Ela coidou ó seu marido que estaba moi enfermo, e durante a guerra dos Trinta Anos, despois do enfrontamento entre Gustavo II Adolfo de Suecia e o seu primo segundo, o emperador Fernando II de Habsburgo, mediou entre os dous belixerantes (Paz de Praga de 1635). Ademais, utilizou a prisioneiros de guerra suecos nos traballos da fortaleza de Dresde e tivo amizade coa raíña rexente sueca, a súa sobriña María Leonor (viúva de Gustavo Adolfo e nai da raíña nena Cristina de Suecia). Madalena Sibila promoveu a pintura e a poesía. O 8 de outubro de 1656, enviuvou. Viviu dende entón no Dresdner Frau Kurfürstin-Haus e morreu en Dresde en 1659.

Véxase tamén

Bibliografía Franz Otto Stichart: Galerie der sächsischen Fürstinnen; biogr. Skizzen sämtlicher Ahnfrauen des kgl. Hauses Sachsen. Leipzig 1857 Heinrich Theodor Flathe: Magdalena Sibylla. In: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Band 20, Duncker & Humblot, Leipzig 1884, p. 49.

Categoría:Nados en 1586 Categoría:Casa de Hohenzollern Categoría:Finados en 1659