Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.

O nome do grupo procede da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello do Riós. É un zoónimo que fai referencia a un lugar onde son frecuentes os tanxugos ou teixugos.

Traxectoria

Comezos As irmás Sabela e Olaia iniciáronse na música tradicional con catro anos, na asociación cultural A Mámoa de Luou, Teo. Aida comezou a tocar a pandeireta en Ribeira, a súa vila natal, con dez anos de idade. No ano 2016 Aida trasladouse a estudar a Santiago, ingresando na asociación onde tocaban Sabela e Olaia. Ao comezaren a tocar xuntas nos seráns e nas foliadas da zona, decidiron formar o grupo. O seu primeiro concerto foi na Bandeira (Manduas, Silleda), na XXVIII edición do Esmorga Folk.

Acadaron sona por primeira vez, fora dos círculos da música tradicional, a comezos do 2017, ao facerse viral nas redes sociais un vídeo no que aparecían cantando unhas panadeiras antes dun concerto coa Banda das Crechas en Glasgow. Nese mesmo ano colaboraron no tema "Pepa", incluído no primeiro disco do grupo A banda da Loba.

2018: Tanxugueiras Na primavera de 2018 editaron o seu primeiro disco co mesmo nome que o grupo, Tanxugueiras. Este gañou o Premio MIN de disco en galego 2018. O sinxelo de presentación foi "Que non mo neguen", en que contaron coa colaboración de Guadi Galego. Neste mesmo ano, publicaron un sinxelo de rock chamado "Cultura crítica" no que colaboran con NAO e co grupo de rap SonDaRúa. Así mesmo, colaboraron co grupo de folk escocés Shooglenifty na canción "East West". Durante a súa xira visitaron escenarios de diversos lugares como Cuba, India, Suíza e Glasgow.

2019: Contrapunto miniatura|Actuación no WOMEX 2021 no Porto. A mediados de 2019 foron galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de Música tradicional galega e folk. En novembro saíu á luz o segundo disco, Contrapunto, publicado co selo discográfico madrileño Calaverita Records e producido polas propias Tanxugueiras coa colaboración de Isaac Palacín, quen toca tamén a batería. A representación do grupo pasa a estar xestionada pola axencia de Bueu Playplan Cultural.

No traballo, xunto de pezas máis próximas á música tradicional, como "Perfidia" ou "Miña Nai", outras músicas, como "Malquerenza" ou "Desposorio" teñen sonoridades que lembran ao pop e a música electrónica. Así mesmo, o disco continúa a reivindicar a figura da muller na música tradicional e na sociedade, un aspecto que se ilustra nos vídeos de presentación do disco, que corresponden ás cancións "Desposorio" e "Perfidia". Con este álbum comezou a súa colaboración coa produtora audiovisual marinense Trece Amarillo, coa que realizaron até o momento os seus videoclips.

No 2020 recibiron o premio á Mellor Adaptación dunha Peza Tradicional nos XIX Premios La Opinión de Música de Raíz. Así mesmo, Contrapunto foi recoñecido coma un dos mellores discos do World Music Charts Europe. 2020: Evolución cara á música electrónica. Despois do álbum Contrapunto, comezou a súa colaboración co músico santiagués Iago Pico, apreciándose unha evolución no seu estilo cara a sons electrónicos próximos ao trap.

En xuño de 2020, co gallo do día da música, lanzaron o sinxelo "Telo". En febreiro do 2021 publicaron o single "Midas", coa colaboración no videoclip do bailador e músico Xisco Feijoó. A canción foi un grande éxito, acadando en 15 días 175000 reproducións e máis de 100000 visualizacións no Youtube. En xullo, para festexar o Día Internacional do Reggae, apareceu o single "Coda" e tamén "Figa", un sinxelo que foi escollido nunha votación non vinculante entre afeccionados como tema favorito para participar na edición do ano 2022 do festival de Eurovisión. 2021: "Terra" e o Benidorm Fest miniatura|Concerto na Coruña. O 10 de decembro Televisión Española confirmou a súa presenza entre os catorce artistas preseleccionados para competir no Benidorm Fest por unha praza no festival europeo. Conforme á normativa do concurso, que se celebrou nos días 26, 27 e 29 de xaneiro de 2022, presentaron para a súa participación un tema inédito titulado "Terra". A canción tivo unha excelente acollida, superando, no primeiro día, o medio millón de reproducións en plataformas como YouTube, Spotify ou Apple Music.

Chegaron ao certame como unhas das favoritas e mesmo o portugués Salvador Sobral, artista convidado e gañador do Festival de Eurovisión 2017, chegou a pedir o voto para elas. Na semifinal recibiron por parte do xurado unha puntuación que as deixaba fóra da final, o cal provocou os apupos do público e berros de «tongo»; no entanto, o voto demoscópico e o televoto outorgoulles un 2.º e 1.º posto que lles permitiu clasificarse. Na final gañaron tanto o voto demoscópico como o popular, onde acadaron máis do 70% do voto telefónico; porén, unha moi baixa puntuación dada de novo polo xurado deixounas sen posibilidades de vitoria. O interese pola participación das Tanxugueiras na final foi máximo en Galiza cunha cota de pantalla de até 52,9. A decisión do xurado (formado por un xurado español e un xurado internacional) foi moi cuestionada e acusacións de amaño difundíronse polas redes sociais. Contribuíu a aumentar a especulación de manipulación o feito de se saber que o xurado internacional apoiaba as Tanxugueiras. Tamén saían á luz os vínculos dalgún membro do xurado español coa gañadora do festival, Chanel Terrero. Perante o escándalo, Galicia en Común, BNG e PP rexistraron no Congreso e Senado españois diferentes cuestións sobre a polémica. Pola súa banda, a sección do sindicato CC. OO. dentro de RTVE denunciou irregularidades e solicitou á canle que invalidase a elección da gañadora. A controversia xerada fixo que a RTVE publicase o pormenor dos votos do xurado, comprobándose que un deles chegou a dar maior puntuación a un videoclip, o do cantante Gonzalo Hermida, ausente por enfermidade, que a actuación en directo das Tanxugueiras. A polémica tamén tivo eco en Portugal, onde afeccionados o concurso solicitaron a súa participación no Festival da Canção, o certame no que se elixe o representante portugués para o festival eurovisivo.

2022: Novos sinxelos dereita|miniatura|Cantando o himno galego no estadio de Balaídos antes dun encontro da selección de fútbol de Galicia (2024). Polas mesmas datas nas que concursaban no Benidorm Fest participaron no disco 10 años de Flores, Viento y Fuego do cantante Muerdo co tema "Cambia todo". Tamén publicaron un novo adianto do seu novo disco de estudio, o sinxelo "Averno" no que colabora o artista Rayden, participante canda elas do Benidorm Fest de 2022. Neste mesmo ano participaron no libro-disco Acorda, editado pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do documental do mesmo nome, gravando un videoclip para o seu tema Autocracia aparecido no disco Tanxugueiras.

O 13 de maio de 2022 publicaron, en diferentes plataformas dixitais, un novo sinxelo do seu terceiro traballo titulado "Pano corado", o 24 de xuño do mesmo ano publicaron "Seghadoras", e o 29 de xullo "Fame de odio".

Xunto a este último sinxelo lanzaron o seu disco Diluvio, no que se inclúen as pezas xa publicadas durante o 2022.

Discografía

Álbums Ano Título Detalles Selo discográficoSinglesVideoclip 2018 Tanxugueiras Lanzamento: 2018 Formato: CD, Dixital, streaming Artista independente «Xota de Bembibre» Seispés Producións Creativas «Que non mo neguen» 2019 Contrapunto Lanzamento: 2019 Formato: CD, Dixital, streaming Calaverita Records «Desposorio» Trece amarillo e PlayPlan Cultural «Perfidia» «Malquerenza» Na casa 2022 Diluvio Lanzamento: 2022 Formatos: CD, Dixital, streaming Calaverita Records «Midas» Trece amarillo e PlayPlan Cultural «Figa» «Terra» «Averno» (con Rayden)«Pano corado»«Seghadoras»«Fame de odio»2026O CuartoLanzamento: 2026 Formatos: CD, Dixital, streamingCalaverita Records«chorar, chorei»«todo amaina»«metal mollado»

Colaboracións AnoSingleÁlbum2017«Pepa» (con A banda da Loba)Bailando as rúas2018«Cultura crítica» (con Nao e SonDaRúa)Ata que o lume se apague2019«East West» (con Shooglenifty)Sen álbum«Meigas» (con Xabi Aburruzaga)Bost«Non da Palestina?» (con Xabi Aburruzaga)«Cumbia de Muxía» (con Los Jinetes del Trópico)Sen álbum2021«Ràbia» (con Roba Estesa)Rosa Permanent «Telo» (con Dj Mil)Sen álbum «Coda» (con Chalart58)«Palabras que abrazan» (con varios artistas)Sen álbum«Fariña» (con Carlos Nuñez e Ivan Ferreiro)A Irmandade das Estrelas (25 Aniversario)«Pobo de Artistas» (con Dakidarria e máis)Sen álbum2022«Cambia todo» (con Muerdo)«Tirititran» (con Macaco)«A Virxe do Portovello» (con Rozalén)Matriz2023 «La humanidad y la tierra» (con Iván Ferreiro) Trinchera Pop «Reina» (con Ruth Lorenzo)Sen álbum«As que tiñan que estar» (con Juancho Marqués)«Lacosta» (con Hard GZ)Lacosta«Hoxe, mañá e sempre» (con Valeria Castro)Sen álbum2024«Quen é a que canta?» (con Fillas de Cassandra)Sen álbum«Remanso para morrer» (con Andrés Suárez)Sesiones Moraima 2«Movemento» (con Shinova)El presente... y los días que vendrán2025«Ghatiña Mansa» (con Caamaño & Ameixeiras)Sen álbum«Grito - Cantes abandolaos y Malagueña de la Trini» (con Las Migas)Flamencas«Abelles reines» (con Balkan Paradise Orchestra e Arnau Altimir)Game Sessions II miniatura

Premios e recoñecementos Ano Galardón Categoría Candidato Resultado 2019 aRi[t]mar Galiza e Portugal Mellor música de Galiza «Que non mo neguen» Scots Trad Music Awards Mellor videoclip «East West» (con Shooglenifty) Premios Martín Códax da Música Mellor grupo de música tradicional e folk Tanxugueiras Premios MIN Mellor álbum en galego Tanxugueiras 2020 Mellor álbum en galego Contrapunto Premios Mestre Mateo Mellor videoclip «Perfidia» Premios Opinión de Música de Raíz Mellor adaptación dunha peza tradicional «Desposorio» 2022 Premios MIN Mellor artista emerxente Tanxugueiras Canción do ano «Terra» Mellor videoclip «Figa» Premios Mestre Mateo Mellor videoclip «Figa» 2023 Premios Mestre Mateo Mellor videoclip «Pano corado» Premios MIN Mellor produción musical Tanxugueiras (con Iago Pico) Mellor álbum Diluvio Mellor álbum en galego Mellor álbum de música de raíz Mellor videoclip «Averno» (con Rayden) Mellor letra orixinal «Pano corado» Mellor directo Xira Midas Premios Odeón Mellor artista revelación alternativo Tanxugueiras

World Music Charts Europe 2020 (20 mellores discos de World Music en maio de 2020). No 2021, a palabra "Tanxugueiras" foi recoñecida como a palabra do ano en Galicia. Esta foi inscrita na súa correspondente lápida de granito no chan da rúa Menorca da cidade de Lugo. En 2022 o concello de Teo outorgou o seu nome á área recreativa de Luou. 15px Sinxelo de ouro por «Terra». A peza acadou máis de 30 millóns de reproducións en 2022.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de Tanxugueiras

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos galegos de música tradicional Categoría:Artigos destacados sobre Galicia